Orientación mariñeira de Combarro.

Orientación mariñeira de Combarro.

O cerco era unha arte de pesca dedicada á captura da sardiña que fixo da cidade de Pontevedra no século XVI unha potencia pesqueira e mercantil, como ten explicado Juan Juega. Moi significativa desta orientación mariñeira de Combarro é así mesmo a estructura ocupacional do pobo. Nun padrón da veciñanza de 1719 consta que o porto de Combarro tiña 535 habitantes a que 169 combarreses e combarresas exercían un “oficio”; deles, 97 eran mariñeiros. É dicir, os “mareantes” representan máis da metade da poboación activa. No Catastro de Enseada (1752-1753) consta que aquí había trece embarcacións. Seis eran lanchas de pesca; outras seis, botes ou embarcacións menores; a última era un galeón chamado Trincado, equipado cunha rede do cerco, pertencente ao veciño de Pontevedra Juan Antonio Poledura, que pesca, “salga, comercia e vende” sardiña. Ao tráfico de sardiña por xunto dedicábanse tamén catro combarreses, e á súa venda polo miúdo vinte e catro mulleres, identificadas no Catastro como “revendedoras de sardiñas”. É posible que houbese algún pequeno bote máis non recollido no devandito Catastro. Frei Martín Sarmiento, na súa Viaxe a Galicia (1754-1755), presenta un estado da Matricula de Mar onde se rexistran vinte embarcación en Combarro, un 9 por 100 das inscritas na ría de Pontevedra, nas que se empregaba o 13 por 100 da mariñeiría de toda esta ría. 

"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada 

Foto: Botes na praia de A Rúa. Combarro, 1929. Otto Wunderlich. Museo de Pontevedra 

#conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #riadepontevedra



Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.