Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

O pobo reunía tres condicions. Estar situado nun dos lugares máis belos da ría de Pontevedra. Ser "quizais o máis típico dos pobos mariñeiros de Galicia". E constituír un conxunto histórico-artístico. O Segundo Plan de Desarrollo, posto a andar en 1968, contemplaba a creación de quince museos etnográficos en España. A proposta proviña do Director Xeral de Belas Artes do Ministerio de Educación e Cultura. Tres destes museos correspondían a Galicia. Un era o do Viño en Ribadavia (Ourense); outro o Etnolóxico do Cebreiro (Lugo); e o terceiro, o Museo do Mar en Combarro (Pontevedra). Xa en novembro de 1967, os estudos para organizalos estaban en marcha. O seu responsable, e o seu inspirador tamén, era Manual Chamoso Lamás. Chamoso dirixía entón as Comisaría do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico con sede en Santiago de Compostela. Dous anos despois, en 1969, a creación deses Museos chegaba ao Boletín Oficial do Estado, a través de tres decretos asinados por Francisco Franc...