En 1972, Combarro e declarado como conxunto artístico e pintoresco pola súa singular fisionomía.

O mar no século XX tamén viu desenvolver o turismo, reflectido desde 2008 no Porto Deportivo de Combarro. Na década de 1960, os veraneantes volvéronse figuras familiares dos veráns desta vila. Pero os «baños de onda» xa están presentes nas súas praias durante o primeiro terzo do zéculo pasado, cando Combarro foi descuberto por algúns artistas, fotógrafos, xornalistas e intelectuais. Estes convertérono nunha icona do turismo cultural de Galicia e sentaron as bases para a preocupación por preservar a súa harmonía arquitectónica e paisaxística. Este interese culminou, en 1972, coa citada declaración como conxunto artístico e pintoresco pola súa «singular fisionomía».

Aquela declaración marca a quinta fase histórica do pobo, cuxa importancia foi resaltada no programa de actividades do 40 aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, que promoveu a Asociación A Solaina en colaboración co Concello de Poio en 2012.
·
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”