Descubrimento turístico de COMBARRO e declaración como CONXUNTO HISTÓRICO

“En 1963, Combarro está dentro da clasificación de destinos turísticos españois e lugares de interese artístico e histórico”

Un documento oficial de 1963, ao clasificar os destinos turísticos españois, falaba de lugares de «interese artístico e histórico» moi visitados por turistas «de paso» (excursionistas), que xa recibían significativas correntes de viaxeiros antes da Guerra Civil. Entre eles estaban San Juan de la Peña, Aranzazu, Poblet, Santa Creus, Ripoll, Nerja, Santo Domingo de la Calzada, Aranjuez, Santo Domingo de Silos, Yuste, Santillana de Mar e, indubidablemente, Combarro.
Ese interese non era novo. Arrincou do cambio de século XIX ao XX. A principios deste, o pobo mariñeiro converteuse en centro de atención. En 1920, Valentín Paz Andrade escribiu del que pertencía «enteiramente ao mundo da arte» porque era «a aldeíña de pescadores máis pintoresca e interesante, de máis eficacia suxestiva, de máis intenso colorido local do mundo».
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.

Foto: Jaime Solá. Turistas en Combarro, 1924.
·
·




Comentarios

Entradas populares de este blog

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Cruceiro do Adro.