Cruceiro do Adro. Virxe da Renda.

No lugar do Xuviño, nas proximidades de Combarro, érgese a capela da Virxe la Renda.

No reverso desta cruz de San Roque amósase a Virxe da Renda. Leva a cabeza descuberta, polo que deixa ver unha abundante melena, moi do gusto popular, especialmente cando está feita con pelo natural.
Presenta un bucle que lle cae pola meixela e prolóngase máis alá do colo. Sobre a cabeza, esta virxe porta unha coroa composta por doce raios ou estrelas labrada en baixorrelevo na propia cruz. Unha das interpretacións máis comúns mantén que eses doce raios simbolizan os doce Apóstolos, sobre os cales Cristo fundou a súa Igrexa.
Esta coroa é propia das representacións da Inmaculada Concepción. Esta Virxe de San Roque leva o neno Xesús no colo, collido polo brazo esquerdo, nunha actitude que lembra as tenras maternidades de Arturo Souto ou as de Manuel Colmeiro. Co brazo dereito fai o admán de separar os panos do manto, que se superpoñen, para deixar a túnica á vista.
O neno, vestido cunha túnica talar, leva un cinto no van e amosa a palma da man dereita totalmente aberta, en tanto que a esquerda corre paralela ó corpo. Es dúas figuras, a da Nai e a do Fillo, amosan un leve sorriso cómplice.

"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.
Foto: Cruceiro do Adro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.