DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.




Combarro convirteuse nunha das paisaxes humanizadas de referencia da Galicia excelente desde o punto de vista artístico, nunha icona das visitas turísticas obrigadas.
Ocupan un lugar así mesmo sobranceiro, en relación a este pobo, os intelectuais galegos Paz Andrade, Castelao, Filgueira, Frascisco J. Sánchez Cantón ou Ramón Otero Pedrayo. Este último incorporou Combarro na súa Guía de Galicia (1926) en termos eloxiosos, falando do «encanto das casas labregas e mariñeiras, os seus hórreos, as súas rúas de vellos empedrados, en que o carro de labranza descansa á beira da barca mariñeira». En 1933, á súa vez, o xornalista pontevedrés José Millán cualificouno de «sitio encantador». En 1917, Rafael López de Haro situou o pobo como escenario da súa novela “Los Nietos de los Celtas”. Entidades como a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1894) e o Museo de Pontevedra (1927) tiveron así mesmo un papel significativo no recoñecemento do interese artístico e histórico de Combarro, da man de Castro Sampedro, cofundador da Arqueolóxica e primeiro director do Museo.
Os citados, e outros que non podemos citar por razón de limitación de espazo, foron por tanto os descubridores de Combarro. Convertérono nunha das paisaxes humanizadas de referencia da Galicia excelente desde o punto de vista artístico, nunha icona das visitas turísticas obrigadas. Como tal estivo presente en exposicións internacionais como a Iberoamericana de Sevilla en 1929. De entre os dez carteis publicitarios que houbo no pavillon de Galicia, Combarro tivo un propio. Era do vigués Federico Ribas. Hoxe pode verse o orixinal no Museo de Pontevedra.
·
Foto: Cartel exposto na Exposición Iberoamericana de Sevilla, 1929.
Autor: Federico Ribas. Museo de Pontevedra.
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”