A CULTURA DA AUGA. OS LAVADOIROS EN COMBARRO.

OS LAVADOIROS EN COMBARRO. Lavadoiro da Sela.

Os lavadoiros atravesaron unha segunda fase, aquela na que algunhas das primitivas e rudimentarias estruturas pasaron a contar cunha cuberta, e tamén con mellores condicións para realizar o durísimo traballo do lavado da roupa; aínda que moitas veces tiñan que salvar atrancos que agromaban no camiño. Dentro desta etapa, e coa casuística citada, atópase o lavadoiro da Sela.
En 1923, presentou no Concello de Poio unha instancia Ricardo Castro Fernández, presidente da Sociedade de Agricultores e tamén Laureano García Esperón, de Combarro, -esta sociedade aínda estaba activa o 16 de xullo de 1936, mais nese intre denominábase Sociedad Unión de Marineros, Campesinos y oficios varios de Combarro- na que pide «se lle autorice a construción dun lavadoiro público, no terreo do procomún existente no lugar denominado “Cela”, cuxo terreo queda entre a canle do río e terreos particulares». O lavadoiro non se puido construír ata que Venancio Pérez accedeu a que nese terreo, que era da súa propiedade, se procedera a edificar o dito lavadoiro. Este espazo, feito exclusivamente para as mulleres, renovouse en 1950 e logo en 1964.
·
Texto: Andrés Dacosta.
·
Foto Antiga: Lavadoiro da Sela 1950. Arquivo da Deputación de Pontevedra.
Foto Antiga: Lavadoiro da Sela 1964. Arquivo da Deputación de Pontevedra.
Foto Actual: Lavadoiro da Sela 2021. Andrés Dacosta.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Cruceiro do Adro.