A CULTURA DA AUGA. OS LAVADOIROS EN COMBARRO.

OS LAVADOIROS EN COMBARRO. Lavadoiro Chancelas.

Relacionada cos lavadoiros é a decisión adoptada pola Corporación Municipal de Poio en febreiro de 1948, cando “acuerdan publicar unos bandos prohibiendo terminantemente utilizar las fuentes de Combarro como lavadero, advirtiendo que los contraventores serán severamente sancionados”.
No ano 1954, «adxudícase a Celestino Pérez Couselo, a construción das obras de cantería no lavadoiro de Chousa, incluído o traslado e reconstrución da ponte situada en dito lugar. A obra de albanelería é dada a Enrique Freire Solla». Neste mesmo ano adxudícase a obra da fonte e lavadoiro cuberto de Sidrás.
Así mesmo, en Chancelas, no ano 1957 fanse obras na fonte e dótase de lavadoiro cuberto.
Moitas destas construcións teñen hoxe un uso moi limitado, fundamentalmente empréganse, algúns deles para lavar pezas, non de roupa, e si téxtiles tales como alfombras. Por certo, este labor que era exclusivo das mulleres, “algunhas” veces xa vai sendo compartido cos homes.
·
Texto: Andrés Dacosta.
·
Foto Antiga: Lavadoiro Chancelas 1956-1957. Arquivo da Deputación de Pontevedra.
Foto Actual: Lavadoiro Chancelas 2021. Andrés Dacosta.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”