Combarro. Arquitectura.

As arquitecturas dos pobos son como as súas caligrafías: nelas lemos o que estes foron e o que hoxe son. En Combarro, a arquitectuea é a expresión máis duradeira e palpable do seu modo de vida tradicional dual (agrícola e mariñeiro), que hoxe evoluciona cara a unha intensiva terciarización (turística), non sen tensións formais e constructivas que cómpre non pasar por alto, xa que non hai nada máis fráxil que a beleza dos lugares fermosos. A principal pretensión desta guía é axudar, precisamente, a ler os espazos construídos do pobo para comprender a súa singularidade e importancia, para entender a necesidade da súa conservación.

O Combarro herdado constitúe un exemplo fermoso e único da arquitectura popular galega. Isto significa que se contruíu de acordó ás necesidades e aos recursos disponibles. É froito da función e do ecosistema. De aí a súa dobre adaptación: por unha banda, ao modo de vida tradicional dos seus poboadores ligado á agricultura e ao mar; por outro, á contorna inmediata, optimizando os recursos naturais.
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Simbiose do agro e o mar. Combarro c. 1959



Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”