Combarro. Arquitectura.


As casas do Conxunto Histórico levantáronse sobre o borde litoral granítico; detrás quedaban, sen edificacións, as terras cultivables, que aínda conservan na toponimia esa significación agraria: son O Campo, As Veigas e Chousa (terra de labranza próxima á casa vivenda).

Ese agrupamento tan singular, o pobo orixinal, mantívose así superposto a aquela orla granítica ata polo menos 1960. Practicamente tal e como o vira en 1788 o licenciado Manuel Parcero Vallejo. Este deixou escrito que a capela de San Roque estaba situada «no medio desta Poboación situada sobre pena viva (…) rodeada por todas partes de casas». E que estas se achaban «sumamente apiñadas por non ter onde estenderse» ao estar «ocupadas con terras de labranza as súas contornas do Poñente».
Históricamente, pois, a vila formou un todo orgánico coa devandita contorna, o que permitiu describila coma unha especie de floración dese granito que lle serve de base.
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Peirao A Rúa, hórreos e muro costeiro c. 1952
Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. Deputación de Pontevedra.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”