Combarro. Arquitectura.

Esas edificacións son nuns casos as casas de habitación, o refuxio, a vivenda; noutros, as construcción anexas, ligadas funcionalmente ás actividades produtivas e transformadoras, que proporcionan ou garanten o sustento e resolven necesidades (hórreos, muiños, eirados, fontes, peiraos, ramplas ou muro costeiro), ou as construccións que, en último termo, forman parte do máis íntimo campo das crenzas ou os sentimentos transcendentes (cruceiros e igrexas).


Todas elas articúlanse formando o que algúns expertos describen como «pobos» ou «aldeas pechadas». Nestes, do mesmo xeito que aquí, as vivendas dispóñense ao redor dun gran eixo lonxitudinal; no noso caso, co nome da rúa de San Roque, nun tramo, e a Rúa (a rúa por excelencia, sen máis), noutro. No Combarro herdado, este eixo prolongase cara ao norte, segindo a incipiente ladeira do Castrove polo lugar da Pedapoeta e, cara ao este, uhna vez cruzada a antiga Praia de Chousa, polo lugar de Tarrío. Ambos os lugares son extensións naturais do núcleo central do pobo, ata o punto de que, coma este, se cimentan sobre o baseamento granítico. De feito, as casas da Pedaporta estaban unidas ás do resto de Combarro. A apertura da estrada de Pontevedra ao Grove a finais do seculo XIX obriga a trasladar alguna daquelas vivendas que aquí existían.
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Disposición das vivendas no Combarro tradicional, c. 1959
·

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Cruceiro do Adro.