A Asociación A Solaina súmase á homenaxe a Ramón Villares, con motivo do seu 70 aniversario.

Este martes 12 de xaneiro celebrouse unha emotiva homenaxe ao profesor Ramón Villares Paz, con motivo do seu 70 aniversario, na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC). Recibe o agasallo do afecto e do recoñecemento á súa fecunda traxectoria profesional, directo e telemático, por parte de case una centena de colegas e amigos. No acto foi presentado o libro a el dedicado, Senderos de la Historia, que coordinaron Alba Egea e Lourenzo Fernández, editado en Granada, que conta coa colaboración dunha vintena de académicos de varias universidades españolas.

Villares, catedrático de Historia Contemporánea, foi reitor da Universidade de Santiago (1990-1994) e presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2019). Cando estivo ao fronte do Consello da Cultura, o profesor Villares fixo un decidido labor de promoción e defensa de Combarro, apoiando varias iniciativas da Asociación A Solaina. En 2012, colaborou nos actos da Conmemoración do 40 aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, coa conferencia "O valor do Patrimonio no século XXI. Protección, Conservación e Acceso", publicada no libro Combarro, Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e testemuños.
En 2014, Ramón Villares promoveu no propio Consello da Cultura o seminario "Os conxuntos históricos no borde marítimo galego"
(http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200201), celebrado o 1 e 2 de xullo. Este seminario fora dirixido por Rafael Vallejo, catedrático de Historia Económica de Universidade de Vigo, e o arquitecto Iago Seara, profesor na Universidade da Coruña. O Conxunto Histórico de Combarro tivera unha especial presenza nese Seminario, pois se lle dedicaron as relatorios do propio Iago Seara, da arquitecta Teresa Nieto, e de Rafael Vallejo, presidente da Asociación A Solaina, quen presentou o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro", elaborado en abril de 2014. (http://asolainacombarro.blogspot.com/.../o-seminario-os...)
Desde a Asociación A Solaina sumámonos a esta merecida homenaxe ao profesor Villares, unha figura senlleira da historia cultural de Galicia.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Exposición Antolóxica de Leopoldo Nóvoa.

Posiblemente a concentración de hórreos máis grande de toda Galicia.

Nomenclatura dun cruceiro.