O SEMINARIO "OS CONXUNTOS HISTÓRICOS NO BORDE MARÍTIMO GALEGO" CELEBROUSE 1 E 2 DE XULLO

O Seminario "Os conxuntos históricos no borde marítimo galego" celebrouse no Consello da Cultura Galega cunha notable asistencia de público


                    Rafael Vallejo e Iago Seara, no Seminario Conxuntos Históricos. Foto: Consello da Cultura Galega.

O 1 e 2 de xullo celebrouse o Seminario "Os conxuntos históricos no borde marítimo galego" no Consello da Cultura Galega. A matricula de 100 asistentes foi totalmente cuberta. O Seminario tivo así mesmo unha notable acollida nos medios de comunicación, galegos e españois.

As ponencias presentadas serán levadas a un documento, e es estudiadas no seo do Consello da Cultura, a fin de extraer recomendación que poídan servir criterios de aplicación xeral.

O Conxunto Histórico de Combarro tivo unha especial presenza no Seminario, durante a segunda xornada, ao que se lle dedicaron as ponencias do arquitectos Iagao Seara, da arquitecta Teresa Nieto, e de Rafael Vallejo, presidente da Asociación A Solaina, quen presentou o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro", elaborado no pasado mes de abril.

Muros, Cambados e Rinlo (Ribadeo) ocuparon así mesmo a atención dos especialistas e dos asistentes ao seminario, no que preocupou, de forma especial, os entornos dos conxuntos históricos, que hai que entender como unha paisaxe única a protexer, e a actuación das propias administracións no litoral, en especial a de Portos de Galicia. Estas intervencións derón lugar, na primeira década do século XXI, a recheos no mar desproporcionados, de grande impacto medioambiental, que casan mal, en moitos casos, coas escalas e as proporcións harmónicas dos conxuntos urbanos contruidos paseniñamente ao longo dos séculos.


AS CONFERENCIAS EN YOUTUBE
As conferencias pódense seguir no canal de youtube do propio Consello da Cultura. Aqui tendes os links:

1ª día. 1ª. Sesión:
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego, 01-07-14, 1

1ª día. 2ª. Sesión:
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego, 01-07-14, 3 

2ª día. 1ª. Sesión:
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego, 02-07-14, 1

2ª día. 2ª Sesión e Debate final.
Os conxuntos históricos no borde marítimo galego, 02-07-14, 2 

ASÍ O RECOLLEU A PRENSA DIXITAL

FARO DE VIGO, 30-06-2014



Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.