Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

XORNADA DE PROMOCIÓN DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE CALIDADE

Imagen
EN COMBARRO, O 18 DE FEBREIRO, XORNADA DE PROMOCIÓN  DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE CALIDADE A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro “A Solaina” co seu compromiso polo desenvolvemento sostible do turismo no pobo de Combarro organiza unha Xornada para a Promoción de Produtos Galegos con Indicativos de Calidade . A Xornada esta destinada a profesionais da hostalería e o comercio de Poio. A Xornada celebrarase o día 18 de febreiro de 2017 no Restaurante Nuevo Parada, na praia da Canteira (Porto  de  Combarro). O programa da Xornada será o que segue: 16.45 -17. Recepción dos asistentes e inauguración. 17-18. Presentación  e cata dos queixos galegos con DOP, Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro . Oscar Pérez Ramil, secretario da DOP Arzúa- Ulloa. 18-20. Cata de viños de Valdeorras . Jorge Mazaira, director técnico da DO Valdeorras. 20-21. Presentación dos Augardentes e licores trad
Imagen
30 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A ASOCIACIÓN A SOLAINA FUNDOUSE EN 1987 Este ano conmemoramos o 30 Aniversario da Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro. Con ese motivo celebraremos varias actividades e participaremos e varías accións de difusión, defensa e promoción do patrimonio cultural de Combarro e de Galicia. O 18 de febreiro organizamos en Combarro unha Xornada de Promoción de Produtos Galegos con Indicativo de Calidade, coa colaboración dos Consellos Reguladores e as Denominacións de Orixe Protexidas: Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, Viños de Valdeorras e  Augardentes e licores tradicionais de Galicia. O 10 de marzo participamos nas  Xornadas de Sensibilización, Situación Actual e Propostas de Futuro para os Hórreos de Combarro , que organiza a Oficina da Área de Rehabilitación Integral de Combarro, do Concello de Poio, con dúas ponencias sobre A Lóxica Construtiva do C