Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como HÓRREOS COMBARRO

HORREOS E CRUCEIROS. RESPOSTA DO CONCELLO DE POIO A ASOCIACIÓN A SOLAINA

Imagen
Transcribimos, a continuación, o escrito que no ven de remitir o Concello de Poio en relación ás últimas xestións que fixo A Solaina sobre os hórreos e os cruceiros de Combarro: En relación ao escrito presentado poLa Asociación A Solaina o 22/03/2014 (entrada no Rexistro núm. 1350) expoñendo dúas cuestións sobre os hórreos informe: - Respecto dos hórreos: este mes de marzo o arquitecto técnico Juan Manuel Iglesias Feijoó por encargo do Alcaide realizou un estudo dos hórreos do conxunto histórico de Combarro e do seu contorno, no que se cuantificaron, identificaron as fichas correspondentes do plan especial de protección, describiuse o seu estado actual e, sen prexuízo dun estudo rnáis polo miúdo, propuxéronse actuacións para a súa conservación. - Respecto dos cruceiros: tanto do cruceiro do Adro da igrexa de San Roque como do cruceiro da praza de San Roque, constan no expediente 376/1 O os informes do estado de conservación realizados en agosto de 2010 por Enrique Velasco ...

HORREOS DE COMBARRO. INICIO DE ESTUDIO SOBRE O ESTADO DOS MESMOS

Imagen
O 19 de febreiro de 2014 a Asociación  A Solaina informou ao Concello de Poio da caída dun hórreo no lugar de Tarrío en Combarro. Ao tempo fixo unha chamada de atención sobre o deficiente estado de conservación dos hórreos de Combarro e reclamou a elaboración dun Plan de restauración dos mesmos. O Alcalde de Poio, a través da prensa, anunciou que un técnico municipal iniciaría un estudio para coñecer a situación actual dos hórreos, co fin de elaborar un Informe que sirva de base para reclamar a colaboración económica da Xunta de Galicia. Faro de Vigo informa este xoves que ese traballo técnico acaba de empezar. Seguiremos informando. A pretensión de A Solaina é que ese Plan, coa liña de axudas correspondente, estea en marcha neste ano 2014. ASÍ O RECOLLE FARO DE VIGO: El Concello inicia el examen al estado de los más de 70 hórreos de Combarro Un técnico municipal analiza las características y necesidades de cada una de estas s...

HÓRREOS DE COMBARRO

Imagen
A caída dun hórreo no lugar de Tarrío en Combarro, a situación de deterioro de parte dos que existen no Conxunto Histórico e a reclamación da Asociación A Solaina requirindo unha acción urxente do Concello de Poio e da Xunta de Galicia para a súa restauración e conservación tiveron un amplo seguimento nas redes sociais, nas televisións e na prensa escrita e dixital. Aquí vos ofrecemos algunhas mostras desta última. A Solaina agradece o apoio recibido. E seguirá coas súas demandas, para que as declaracións de boas intencións por parte das autoridades non se queden só en titulares de prensa. Dar un titular é relativamente fácil. Estamos acostumados a velo. Traducir as promesas e intencións en realidades, require traballar e rigor, e comprometerse cos veciños afectados, que tamén teñen as súas obrigas. Estamos atentos. E pediremos que se actúe e se faga con rigor. Ata agora non o vemos por parte das administracións públicas, empezando polo Concello de Poio. DIARIO DE PONTEVEDRA ...

HÓRREOS DE COMBARRO: A SOLAINA SOLICITA UN PLAN PARA A SÚA RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN

Imagen
A Asociación A Solaina ven de entregar no Concello de Poio un escrito dando conta da caída dun hórreo en Combarro, solicitando que se faga un diagnóstico sobre a situación dos hórreos do Conxunto Histórico e que se poña en marcha un Plan para rehabilitar e conservar estas construcións populares. Horreo caído no lugar de Tarrío (Combarro) O contido do texto é o seguinte: Combarro, 17 de febreiro de 2014. Sr. Alcalde: Informámoslle, desde esta Asociación A Solaina de Combarro, de que un dos poucos exemplares de palleira de cámara de madeira que se conservan en Combarro veuse ao chan no lugar de Tarrío, tras un período de progresivo deterioro. Ese deterioro está afectar a boa parte dos hórreos de Combarro. Polo tanto, estamos nunha situación que require duna intervención inmediata, entendemos, a fin de preservar estas construcións tan singulares do Conxunto Histórico de Combarro. A finalidade deste escrito, ademais de transmitirlle a información arriba referida, ...