Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2013

Xacemento romano de Currás (Tomiño, Pontevedra). Investigación da Universidade de Vigo no vran de 2013

O proxecto de recuperación e posta en valor do xacemento romano de Currás (Tomiño, Pontevedra) Trátase dun proxecto de investigación xurdido no verán de 2013, coordinado dende o Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, baixo o patrocinio e colaboración do Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Currás, e a axuda inestimable da Asociación de veciños "Os Medos" de Currás . A investigación da vila romana de Currás Segundo informa o DUVI da Universidade de Vigo, "o traballo de campo que se desenvolveu durante a segunda quincena de xullo consistiu en primeiro lugar na localización exacta do lugar onde estaba o xacemento, para o que se empregou o xeorradar e outros sistemas tecnolóxicos. Unha vez delimitado o espazo, os arqueólogos procederon á realización de catro catas dun metro por 15 centímetros que permitiron deixar ao descuberto e estudar unha das zonas necrópole e tres da vila romana. “Estas catas realizáronse p