Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

Combarro. A xeografía.

Imagen
Combarro. A xeografía. "Situar Combarro é aludir á proximidade da cidade de Pontevedra, ao mar plácido da ría do mesmo nome no que se baña, ao Mosteiro de Poio, á illa de Tambo.... ao monte Castrove, inmediato, maxestoso... ...asentaronse os homes e mulleres deste territorio case desde as súas orixes. A orografía limitou o seu espazo vital e, para subsistir, tiveron que optimizar os recursos naturais... Historicamente, a xeografía determinou a escala de Combarro e o modo e a s posibilidades de vivir dos seus moradores. Estas restriccións da naturaleza quedaron escritas nesa caligrafía que son as súas singulares construccións de arquitectura popular, que lle valeron ser catalogado como «conxunto de interese artístico e pintoresco de carácter nacional» en 1972". "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Foto: Combarro e Illa de Tambo, 2002. Colección particular Manuel Rosales. # conxuntohistoricoartistico   # pedra   # mar   # arte

Posiblemente a concentración de hórreos máis grande de toda Galicia.

Imagen
Posiblemente a concentración de hórreos máis grande de toda Galicia. Un feito trascendental para o desenvolvemento dunha das construccións adxetivas máis emblemáticas de Combarro, como é a palleira (hórreo), foi a producción do millo, traído de América, e o seu espallamento ao longo do século XVII. Co aumento da producción deste cereal, foi imprescindible a ampliación do espazo habilitado para asentar as novas palleiras. Foi preciso construir a chamada 'muralla de la ribera' nos documentos forais do Mosteiro de Poio do século XVII, que posibilitou un espazo no borde marítimo coa concentración de hórreos posiblemente máis grande de toda Galicia. "Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz. Foto: Plano Artístico de Combarro, Francisco Guerra. 1994 # combarro   # patrimonio   # conxuntohistoricoartistico

Combarro, toponimia.

Imagen
Combarro, toponimia. "A denominación do pobo posiblemente se deba á súa xeografía.... O Nomenclátor do INE recolle dous "Combarro" na provincia de León e sete en Galicia, tres na provincia da Coruña, dous na de Lugo e dous en Pontevedra... Deles dous están en municipios costeiros e os restantes localizanse terra dentro. En consecuencia, tratase dun topónimo relativamente estendido, aínda que con significados que, polo que podemos deducir, non responden a unha mesma orixe". "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Foto: "Combarro, ó pé do monte Castrove", 2007. Nelson, Arquivo do Concello de Poio. # conxuntohistoricoartistico   # pedra   # mar   # arte   # patrimonio

Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro.

Imagen
"Nada máis fráxil que o equilibrio dos lugares fermosos..." (Marguerite Yourcenar, Memorias de Adriano) # combarro   # conxuntohistorico   # pedra   # poboconencanto # pueblosconencanto   # conjuntohistorico   # mar   # piedra

Cruceiros do Conxunto Histórico de Combarro.

Imagen
"Cando a pedra, durmida e acochada na terra nai no garimoso seo, esperta do seu sono milenario e quere ser oración e pensamento frorece nun varal, estende os brazos e póndose de pé faise cruceiro" (Ramón Cabanillas). "Cruceiros do conxunto Histórico Artístico de Combarro" do historiador Andrés Dacosta Paz.  Foto: Deseño de cuberta de Andrés Dacosta Martínez. Nove son os cruceiros espallados pola vila que Andrés describe no seu libro dende unha perspectiva etnográfica e cultural  que vos sorprenderá. # libros   # ler   # leer