Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2011

8º Congreso Internacional de Muiñoloxía (Tui, 28 a 30 de abril, 2012)

Imagen
Presentación na Universidade de Vigo do 8º Congreso Internacional de Muiñoloxía O pasado 22 de decembro foi presentado na Universidade de Vigo o 8º Congreso Internacional de Muiñoloxía, que se celebrará do 28 ao 30 de  abril de 2012 en Tui (Galicia). No seus Comité Científico e Comité Organizador participa Rafael Vallejo, presidente da Asocación A Solaina.  Mesmos muíños, novas funcións duvi.uvigo.es Diario da Universidade de Vigo. A informaciïón da Universidade do sul de Galicia. Invitamos a todos e todas as interesadas na arquitectura, folklore, historia ou tecnoloxía do muiños a participar no Congreso e enviar a súa correspondente colaboración.   ‎8 Congreso Internacional de Muiñoloxía. Tui, 20-30 de abril de 2012. 8º Congreso Internacional de Molinología - 28, 29 y 30 de abril de 2012 en Tui (Galicia) http://www.asgamui.com/

2012: Conmemoracións Culturais en Combarro

Presentación de escritos ante o Concello de Poio. O 12 de decembro de 2011 a Asociación A Solaina entregou dous escritos no Concello de Poio solicitando que a corporación declarase oficial a conmemoración, en 2012, do 40 aniversario da declaración de Combarro como "conxunto artístico e pintoresco de interese nacional", e o 60 aniversario da estadía en Combarro do pintor galego Carlos Maside . As solicitudes foron vistas na Comisión de Cultura do 14 de decembro, e foron acollidas favorablemente polos tres grupos políticos con representación na Corporación municipal de Poio . A aprobación definitiva terá lugar no próximo pleno da devandita Corporación. A petición da Solaina recollía a proposta de que as citadas conmemoracións se concreten nun programa de actividades culturais ao longo do ano. Esta Asociación está a traballar nunha proposta, que fará chegar aos diferentes grupos con representación en Poio , e ao goberno municipal.

Nota de prensa. 10 de decembro de 2011

Renovacion dos Estatutos da Asociación A solaina. Hai uns días, a Asociación A Solaina de Combarro renovou os seus Estatutos, renovación que foi remitida á Secretaria Xeral da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. Esta renovación conleva varias novedades. Unha delas concrétase na redacción non sexista dos seus Estatutos, de xeito que para os cargos directivos se fala indistintamente, por exemplo, de Presidente ou Presidenta ou de Secretario ou Secretaria. Outra das novedades ten que ver coa denominación desta entidade cultural de Combarro, que incorpora o termo "Promoción". Deste modo, o seu nome completo pasa a ser: Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro , A Solaina . A promoción e difusión dos valores culturais da arquitectura popular do Conxunto Histórico de Combarro xa era un dos obxectivos da Asociación. Con esta incorporación á súa denominación, a entidade quere subliñar a importancia deste obxectivo nesta nova