Entradas

Mostrando entradas de junio, 2012

15 DE XUÑO. PRESENTADO NO CONCELLO DE POIO O PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO PRESENTACIÓN NO CONCELLO DE POIO DO PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O venres 15 de xuño foi presentado, no Concello de Poio , o Programa do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A presentación estivo presidida polo Alcalde de Poio, Luciano Sobral,  e contou coa participación de todas as asociacións e colectivos de Combarro que colaboran coas súas actividades e iniciativas no programa da Conmemoración. Tomaron a palabra na mesma a concelleira de Cultura, Silvia Díaz , que leva o peso da organización por parte do Concello de Poio , así como a concelleira Chelo Besada (PSdeG-PSOE) e o concelleiro Ángel Moldes (PPdG). Rafael Vallejo , presidente da Solaina e coordinador dos actos da Conmemoración, explicou o contido do programa, que contará con diversas actividades. PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN - Visitas guiadas ao Conxunto Histórico de Combar