Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO (2013): INDICE

Imagen
ÍNDICE DA "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO" (2013) A petición de algúns amigos e amigas de A Solaina publicamos o Índice da "Guía del Conjunto Histórico de Combarro. Historia y arquitectura popular" que vimos de publicar

NOVA VISITA DE ESCOLARES DO COLEXIO PÚBLICO DOUTOR FLEMING DE VIGO A COMBARRO

Imagen
Nova visita de escolares do Colexio Público Doutor Fleming de Vigo a Combarro Uns 50 escolares do CEP Doutor Fleming de Vigo efectuaron este venres unha visita guiada ao Conxunto Histórico de Combarro. Esta visita inscríbise dentro dun programa de excursións didácticas a esta vila da ría de Pontevedra, organizadas pola Asociación A Solaina de Combarro en colaboración con este centro escolar de Vigo. A anterior tivera lugar o 20 de marzo pasado. A visita didáctica puxo en contacto aos rapaces e rapazas de 5º curso do Fleming coa arquitectura popular de Galicia, a través deste exemplo de Combarro. Os guías de A Solaina explicaron aos escolares o que é a arquitectura popular e cales son as peculiaridades da de Combarro; faláronlles das construcións ligadas á agricultura e ao ciclo do pan (muiños, eirados, horreos e fornos de pan), así como á pesca (peiraos, ramplas e valo costeiro). Tamén lles explicaron os tipos de vivendas tradicionais que existen en Combarro. Os escolares d

PRESENTOUSE EN COMBARRO A "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA Y ARQUITECTURA POPULAR"

Imagen
A Asociación A Solaina presentou este domingo ante máis de cincuenta combarreses e combarresas a "Guía del Conjunto Histórico de Combarro. Historia y arquitectura popular", que acaba de editar. A presentación correu a cargo de Andrés Dacosta Paz e Rafael Vallejo Pousada, responsables desta edición. A Guía, de 48 páxinas, conta con 89 imaxes, entre as que encontramos debuxos, fotos antigas e actuais, mapas, cadros e carteis, que permiten un percorrido visual polo pasado e o presenta deste Conxunto Histórico e da súa arquitectura tradicional. A Guía trata sobre a xeografía, a toponimia, a historia, o "descubrimento" de Combarro como lugar artístico e pintoresco, e a súa arquitectura. Neste apartado da arquitectura explícanse os tipos de vivendas, as construcións marítimas (peiraos, ramplas e balo costeiro) e a chamada, de xeito novidoso na descrición de Combarro, "arquitectura do pan", na que se inclúen os hórreos, os eirados, os muíños

PRESENTACIÓN EN COMBARRO DA NOVA "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO"

Imagen
PRESENTACIÓN DA "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA Y ARQUITECTURA POPULAR" Este domingo, 7 de abril, preséntase a nova "Guía del Conjunto Histórico de Combarro. Historia y arquitectura popular". A presentación terá lugar no salón de actos da Comunidade de Montes de Combarro, ás 12:30 horas. A Guía foi editada pola Asociación A Solaina de Combarro. Conta con 48 páxinas e 89 imaxes do Conxunto Histórico. A Solaina quere agasallar neste acto aos combarreses e combarresas, e en xeral  a quen asista á presentación, cun exemplar desta nova e, en moitos aspectos novidosa, Guía do Conxunto Histórico.          

"HISTORIA DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A TRAVÉS DA INFORMACIÓN DE PRENSA, 1988-2004"

PRESENTACIÓN DA "HISTORIA DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A TRAVÉS DA INFORMACIÓN DE PRENSA, 1988-2004" O xoves 4 de abril foi presentada na Escola do Campo de Combarro a "Historia da Asociación A Solaina a través da información de prensa, 1988-2004". Foron entregados varios exemplares no Arquivo Histórico da Deputación Provincial, no Museo de Pontevedra, no Arquivo do Concello de Poio, na Biblioteca da Universidade de Vigo e na Biblioteca da Fundación Penzol de Vigo. A Historia da Asociación A Solaina, que consiste nun amplio dossier de prensa de máis de 200 páxinas, ábrese co seguinte texto de Presentación : " En 2012 conmemorouse o 40 Aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico, conmemoración na que tivo un papel activo a Asociación A Solaina de Combarro. A conmemoración serviu para facer un percorrido e unha reflexión colectiva pola historia, o presente e as posibilidades de futuro do pobo de Combarro. Na Solain

PRESENTACIÓN DO NOVO LOGOTIPO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO

NOVO LOGOTIPO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO Este xoves, 4 de abril, foi presentado na Escola do Campo de Combarro, o novo logotipo da Asociación A Solaina de Combarro. O logotipo foi realizado polo deseñador gráfico Andrés Dacosta Martínez.

Presentación da "Guía del Conjunto Histórico de Combarro"

GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA Y ARQUITECTURA POPULAR . PRESENTACIÓN NO CONCELLO DE POIO. Este martes 2 de abril foi presentada no Concello de Poio a "Guía del Conjunto Histórico de Combarro. Historia y arquitectura popular". A guía, de 48 páxinas e 89 imaxes, foi editada pola Asociación A Solaina.