Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2012

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". QUINTA CONFERENCIA

Imagen
QUINTA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: Manuel Pueyo (Arquitecto. Responsable da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro). Título da conferencia: O papel das ARIS (Áreas de Rehabilitación Integral) na rehabilitación sustentable dos Conxuntos Históricos: unha proposta para Combarro . Día e hora: Venres, 5 de outubro, ás  20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. Resumo da conferencia . Esta conferencia tratará sobre tres aspectos: 1) As Áreas de Rehabilitación Integral: funcionamento actual e posibilidades no fomento de medidas innovadoras de intervención basaeadas na sustentabilidade. 2) Os Criterios de intervención sustentable nos proxectos de espazo público n o Conxunto Histórico de Combarro. 3) Medidas de mellora ambiental nas actuacións rehabilitadoras dos particulares en Combarro. O conferenciante: Manuel Pueyo. Man

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". CUARTA CONFERENCIA

Imagen
CUARTA CONFERENCIA DO CICLO " COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Sara María Torres Outón. (Socióloga. Universidade de Vigo). As posibilidades turísticas de Combarro: patrimonio, hostalaría e comercio . Día: Venres, 28 de setembro. Hora: 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro Resumo da conferencia. Con ocasión da celebración da conmemoración do 40 aniversario da declaración de Combarro como conxunto de interese artístico e pintoresco (1972) resulta apropiado reflexionar sobre as súas oportunidades turísticas ligadas ó patrimonio, hostalería e comercio. Non cabe dúbida de que constitúe un exemplo sobranceiro da arquitectura popular mariñeira galega. O seu casco vello presenta unha adaptación e simbiose co medio físico e natural que o caracteriza e dota de gran beleza. A profunda relación entre a súa arquitectura e o medio que a rodea obedece a razóns funcionais e produce un resultado de gran valor estético. A estrutura urbanística do casco de

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". TERCEIRA CONFERENCIA

TERCEIRA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Conferenciante: José María Folgar (Historiador. Universidade de Santiago). Título: Combarro no cine . Día: Venres, 21 de setembro. Hora: 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. O conferenciante: José María Folgar de la Calle. Apunte biográfico.   José Mª Folgar é profesor na facultade de Xeografía e Historia da Unviversidade de Santiago de Compostela, na que imparte docencia de cinema dende 1972. Participou no movemento cineclubista compostelán dos anos 70 do pasado século, e nas actividades culturais cinematográficas da USC dende 1975 ata 1992. Foi secretario coordenador dos Cursos de lingua española para estranxeiros, tamén da USC, dende 1982 ata 1995. En 1988 foi coimpulsor da creación da “Asociación española de historiadores de cine” (AEHC). Como investigador, traballou, e traballa, sobre os primeiros anos do espectáculo cinematográfico en Galicia -xunto con José

PROGRAMA DE CONFERENCIAS COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO

Iníciase, este 13 de setembro, o ciclo de conferencias para commemorar o 40 aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. As conferencias farán un recorrido polo pasado e o presente de Combarro, para contribuir ao seu mellor coñecemento, a divulgar ese coñecemento e colaborar a idear algunha das súas posibilidades de futuro. As dúas primeiras conferencias teñen lugar o 13 e 14 de setembro, na Escola do Campo de Combarro, ás 20 horas. Programa de Conferencias Combarro Conxunto Histórico 40 Aniversario   Arte, Cine e Turismo 1. Rafael Vallejo (Historiador. Universidade de Vigo) e Andrés Dacosta (Historiador). Carlos Maside en Combarro . Xoves, 13 de setembro. Hora: 20 horas.   2. Felipe Senén (Historiador). Combarro na arte galega . Venres, 14 de setembro. Hora: 20 horas.   3. José María Folgar (Historiador. Universidade de Santiago). Combarro no cine . Venres, 21 de setembro. Hora: 20 horas.   4. Sara Torres Outón (Soci