PROGRAMA DE CONFERENCIAS COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO
Iníciase, este 13 de setembro, o ciclo de conferencias para commemorar o 40 aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. As conferencias farán un recorrido polo pasado e o presente de Combarro, para contribuir ao seu mellor coñecemento, a divulgar ese coñecemento e colaborar a idear algunha das súas posibilidades de futuro.
As dúas primeiras conferencias teñen lugar o 13 e 14 de setembro, na Escola do Campo de Combarro, ás 20 horas.
LUGAR DAS CONFERENCIAS: Escola do Campo.
As dúas primeiras conferencias teñen lugar o 13 e 14 de setembro, na Escola do Campo de Combarro, ás 20 horas.
Programa
de Conferencias Combarro Conxunto Histórico 40 Aniversario
Arte, Cine e Turismo
1.
Rafael Vallejo (Historiador. Universidade de Vigo) e Andrés Dacosta
(Historiador).
Carlos Maside en
Combarro.
Xoves,
13 de setembro. Hora: 20 horas.
2.
Felipe Senén (Historiador).
Combarro na arte
galega.
Venres,
14 de setembro. Hora: 20 horas.
3.
José María Folgar (Historiador. Universidade de Santiago).
Combarro no cine.
Venres,
21 de setembro. Hora: 20 horas.
4.
Sara Torres Outón (Socióloga. Universidade de Vigo).
As posibilidades
turísticas de Combarro: patrimonio, hostalaría e comercio.
Venres,
28 de setembro. Hora: 20 horas.
Arquitectura e Patrimonio Histórico
5.
Manuel Pueyo (Arquitecto. Responsable da Área de Rehabilitación do Conxunto
Histórico de Combarro).
O papel das ARIS (Áreas de Rehabilitación Integral)
na rehabilitación sustentable dos Conxuntos Históricos: unha proposta para
Combarro.
Venres, 5 de outubro. Hora: 20 horas.
6.
Ignacio Cerrada Gonzalo (Arquitecto. Xefe de Servizo de Planeamento e
Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia).
Os Plans Especiais de
Protección nos Conxuntos Históricos de Galicia.
Xoves,
18 de outubro. Hora: 20 horas.
7.
Iago Seara Morales (Arquitecto)
Combarro, dende
Conxunto Histórico ao Plano de Ordenación do Litoral Galego. Exemplo de evolución
do uso e da percepción individual e social dos Conxuntos Históricos de Galicia.
Venres,
26 de outubro. Hora: 20 horas.
8.
César Portela (Arquitecto)
Combarro e o seu
contorno: impresións dun arquitecto.
Venres,
9 de novembro. Hora: 20 horas.
Comentarios
Publicar un comentario