Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2015

ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA PARA 2015. APOIO DE A SOLAINA

Imagen
Debuxo de Francisco Guerra. A Solaina. 1994 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2015 O Club Mariño A Reiboa de Poio presenta a súa candidatura para organizar o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, de carácter internacional, que se celebrará en 2015 . Este Club solicitou apoio social para a súa iniciativa, ante o Concello de Poio e diversos colectivos deste municipio, entre eles o da Asociación A Solaina, que llo prestou de inmediato. Na Solaina entendemos que estamos ante un evento moi importante para Poio, e que debemos prestarlle o máximo respaldo que nos sexa posible. Neste sentido, expresamos o noso desexo que a pretensión do Club Mariño se faga realidade. Adiante.