Entradas

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

Imagen
O pobo reunía tres condicions. Estar situado nun dos lugares máis belos da ría de Pontevedra. Ser "quizais o máis típico dos pobos mariñeiros de Galicia". E constituír un conxunto histórico-artístico. O Segundo Plan de Desarrollo, posto a andar en 1968, contemplaba a creación de quince museos etnográficos en España. A proposta proviña do Director Xeral de Belas Artes do Ministerio de Educación e Cultura. Tres destes museos correspondían a Galicia. Un era o do Viño en Ribadavia (Ourense); outro o Etnolóxico do Cebreiro (Lugo); e o terceiro, o Museo do Mar en Combarro (Pontevedra). Xa en novembro de 1967, os estudos para organizalos estaban en marcha. O seu responsable, e o seu inspirador tamén, era Manual Chamoso Lamás. Chamoso dirixía entón as Comisaría do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico con sede en Santiago de Compostela. Dous anos despois, en 1969, a creación deses Museos chegaba ao Boletín Oficial do Estado, a través de tres decretos asinados por Francisco Franc

"CARLOS MASIDE EN COMBARRO, 1952. BOSQUEXOS, DEBUXOS E ACUARELAS".

Imagen
Tal día coma hoxe, un 16 de Marzo de 1897, naceu en San Xulián (Pontecesures), o pintor Carlos Maside. Pasou algunhas tempadas en Combarro, momentos que recolle en moitas das suas obras. En Maio de 2019, o Museo de Pontevedra acolleu unha exposición con título "CARLOS MASIDE EN COMBARRO, 1952. BOSQUEXOS, DEBUXOS E ACUARELAS".

Poio iniciou o expediente do Ateneo a raíz da polémica do 'bar social' en 2017.

Imagen
"MÁIS HERDEIROS. Florinda Salgueiro, a poiense emigrada a Uruguay e última propietaria coñecida do edificio do Ateneo, tería falecido nese país sen deixar descendencia directa, polo que os seus bens pasarían ao herdeiro que agora reclama a titularidade do Ateneo (descendente dunha irmá de Florinda Salgueiro), se ben o inmoble, ata onde se sabe, non consta en ningún testamento. Sen embargo, o edil de Facenda acredita a existencia de dous novos familiares, irmáns de Florinda Salgueiro, a quenes tamén correspondería a lexítima herdanza e que poderían posicionarse a favor da cesión do inmoble." Diario de Pontevedra: Noticia Diario de Pontevedra

A Asociación A Solaina envía un informe ao Ministerio de Cultura sobre a casa "Museo de Combarro"

Imagen
A ASOCIACIÓN A SOLAINA ENVÍA UN INFORME AO MINISTERIO DE CULTURA SOBRE A CASA " MUSEO DE COMBARRO". CONSIDERA QUE ESA CASA É DE PROPIEDADE PÚBLICA. PERTENCE AO PATRIMONIO DO ESTADO. A Asociación a Solaina envía un Informe ao Ministerio de Cultura sobre a Casa " Museo de Combarro". Considera que esa casa é de propiedade pública. Pertence ao Patrimonio do Estado. Esta "casa barroca" foi expropiada en 1973 por razóns de utilidade pública, por parte da Dirección Geral de Bellas Artes, do Ministerio de Educación y Cultura, para ser convertida en Museo etnográfico dedicado ao mundo do mar e ao modo de vida na Galicia mariñeira. Segundo puido investigar esta Asociación A Solaina, un escrito asinado en Madrid o 14 de xullo de 1981, por Javier Tusell, Director General de Bellas Artes, afirma de forma rotunda que esa casa "fue adquirida en 150.000 pts. en 1973 y abonada en su momento" a Florinda Salgueiro Romero, a súa antiga propietaria. A Sola

Descubrimento turístico de COMBARRO e declaración como CONXUNTO HISTÓRICO

Imagen
“En 1963, Combarro está dentro da clasificación de destinos turísticos españois e lugares de interese artístico e histórico” Un documento oficial de 1963, ao clasificar os destinos turísticos españois, falaba de lugares de «interese artístico e histórico» moi visitados por turistas «de paso» (excursionistas), que xa recibían significativas correntes de viaxeiros antes da Guerra Civil. Entre eles estaban San Juan de la Peña, Aranzazu, Poblet, Santa Creus, Ripoll, Nerja, Santo Domingo de la Calzada, Aranjuez, Santo Domingo de Silos, Yuste, Santillana de Mar e, indubidablemente, Combarro. Ese interese non era novo. Arrincou do cambio de século XIX ao XX. A principios deste, o pobo mariñeiro converteuse en centro de atención. En 1920, Valentín Paz Andrade escribiu del que pertencía «enteiramente ao mundo da arte» porque era «a aldeíña de pescadores máis pintoresca e interesante, de máis eficacia suxestiva, de máis intenso colorido local do mundo». "Guía turística do Conxunto Histórico

Cruceiro do Adro. Neste lugar había en 1566 un edificio singular que era o "Hospital de San Roque"

Imagen
Seguindo cara o nordeste, o seguinte alto no camiño facémolo no cruceiro do adro da ermida ou igrexa de San Roque. Este era o centro relixioso do porto de Combarro, do que xa nos fala unha escritura de 1552. Nela, Frei Lope de Frías daba en «aforamento a Esteban Martínez, clérigo e vecino de nuestro puerto de Combarro… suelo en que hagáis una casa en el otero de San Roque que es en el nuestro lugar de Combarro, entre la ermita de San Roque y la huerta de….», de «25 codos de longo y 15 de ancho» (10,45 m x 6,27 m). Temos así mesmo noticias de que neste mesmo lugar había en 1566 outro edificio singular que era o «Hospital de San Roque». Tamén coñecemos que no ano 1629, o Abade Frei Diego Vaca afóralle o dito Hospital a Francisco Carballa e a súa muller, e entre outras condicións obrígao a que «abeis de ospedar todos los pobres e peregrinos que llegasen a el». Este edificio aparece tamén identificado con «heredad del Hospital». Parte desta «heredad» do Hospital en 1592 foi cedida polo Aba

En 1972, Combarro e declarado como conxunto artístico e pintoresco pola súa singular fisionomía.

Imagen
O mar no século XX tamén viu desenvolver o turismo, reflectido desde 2008 no Porto Deportivo de Combarro. Na década de 1960, os veraneantes volvéronse figuras familiares dos veráns desta vila. Pero os «baños de onda» xa están presentes nas súas praias durante o primeiro terzo do zéculo pasado, cando Combarro foi descuberto por algúns artistas, fotógrafos, xornalistas e intelectuais. Estes convertérono nunha icona do turismo cultural de Galicia e sentaron as bases para a preocupación por preservar a súa harmonía arquitectónica e paisaxística. Este interese culminou, en 1972, coa citada declaración como conxunto artístico e pintoresco pola súa «singular fisionomía». Aquela declaración marca a quinta fase histórica do pobo, cuxa importancia foi resaltada no programa de actividades do 40 aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, que promoveu a Asociación A Solaina en colaboración co Concello de Poio en 2012. · · "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro&q