Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

“Conservas de Combarro”

Imagen
Tamén se desenvolveron aquí a industria de salgadura e de conservas. En 1942, José Malvar Corbal e Vicente López García Mosquera foron autorizados a abrir unha fábrica de peixes e mariscos, que funcionou ata mediados da década de 1960 e comercializou a marca Conservas Combarro. O pintor Carlos Maside deixounos en 1952 un exquisito testemuño artístico da mesma, no que vemos as mulleres do pobo traballando na fábrica. "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Fotos: Mulleres na fábrica de Combarro. 1952. Carlos Maside. Óleo. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #riadepontevedra #poio #marisqueo #conservas

A Asociación A Solaina súmase á homenaxe a Ramón Villares, con motivo do seu 70 aniversario.

Imagen
Este martes 12 de xaneiro celebrouse unha emotiva homenaxe ao profesor Ramón Villares Paz, con motivo do seu 70 aniversario, na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC). Recibe o agasallo do afecto e do recoñecemento á súa fecunda traxectoria profesional, directo e telemático, por parte de case una centena de colegas e amigos. No acto foi presentado o libro a el dedicado, Senderos de la Historia, que coordinaron Alba Egea e Lourenzo Fernández, editado en Granada, que conta coa colaboración dunha vintena de académicos de varias universidades españolas. Villares, catedrático de Historia Contemporánea, foi reitor da Universidade de Santiago (1990-1994) e presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2019). Cando estivo ao fronte do Consello da Cultura, o profesor Villares fixo un decidido labor de promoción e defensa de Combarro, apoiando varias iniciativas da Asociación A Solaina. En 2012, colaborou nos actos da Conmemoración do 40 aniversario da Declaración d

Fai 34 anos, o 14 de Xaneiro de 1987 Combarro crubríase de neve.

Imagen
".... Un hecho histórico y absolutamente mediático que tres décadas después seguimos esperando que se repita. Este extraordinario suceso se produce entre los días 13 y 14 de enero, en medio de un invierno que hasta ese momento no estaba siendo lluvioso pero mucho menos frío, no solo en la península sino también en Europa central y occidental. En ese aspecto pueden observarse ciertas similitudes con la situación actual. Tan sólo cabe destacar una pequeña entrada fría los días de Nochebuena y Navidad que casi nos hace recordar las navidades blancas. Pero es a inicios de Enero, cuando un desplazamiento del vórtice polar hacia Europa, provoca una de los desalojos árticos más intensos en décadas, que no prolongados en el tiempo, sobre el viejo continente. Capitales como Helsinki alcanzaron los -32º de mínima y máximas de -20º, Estocolmo -22º y -16º, Bonn -17º y -15º, Bruselas -14º y -9º o Londres -9 y -4º. Cuando Europa ya agonizaba bajo el frío glacial, los últimos coletazos de esta i

“… areais ricos en berberechos, ameixas e longueirón….”

Imagen
O mundo do mar foi nestas dúas últimas centurias, como nas anteriores, máis que a simple extracción de peixe. Os areais deste pobo e de Campelo son ricos en berberechos, ameixas e longueiróns, en tanto que as rocas bañadas polo mar o son en caramuxos e mexillóns. O mexillón de roca, o máis sabroso, tivo explotación comercial durante o século XX, do mesmo xeito que os restantes moluscos citados. Da roca levouse ás bateas flotantes desde a década de 1950. A principios do século XXI, a miticultura é a actividade marítima máis importante de Combarro, por encima da pesca. Os bateeiros asociáronse en varias agrupacións, entre elas, a Asociación de Mexiloeiros de Combarro e Raxó (AMECOMRA), unha entidade con máis de trinta anos ás súas costas. Á súa vez, as mariscadoras intégranse en confrarías e organizáronse en entidades como a Agrupación de Mariscadoras a pé dá Confraría de San Telmo. · · "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Foto: Marisqueo

“…desde o Cruceiro do Campo… o pobo foi medrando cara o lugar de Chousa…”

Imagen
“…desde o Cruceiro do Campo… o pobo foi medrando cara o lugar de Chousa…” Na documentación do antigo Mosteiro de Poio encontramos varias escrituras forais con mencións aos arredores desde crucerio do Campo, que parecen suxerir que o pobo foi medrando cara ao lugar de Chousa, completando a traza urbanística definidora de Combarro. Sirvan de exemplo algúns dos foros feitos en 1662 polo Abade Frei Pedro Díaz de Iguanzo, como o que lle outorga a Alonso de Melidáns «sitio para hacer una casa abajo del camino de la ribera de la laxe junto al Baluarte que confina con la orilla del mar», ou aquel outro no que se fai referencia a unha «casa pallada con el outón del levante en el Baluarte de la ribera». · · "Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz. · · Foto: Chousa. · · #combarro #galicia #pontevedra #riasbaixas #cruceiros #arte #pedra #conxuntohistoricoartistico #patrimonio

Cruceiro do Campo.

Imagen
Cruceiro do Campo. “…presenta no anverso un Cristo… no reverso a Virxe do Socorro...” Algún pintor deixou constancia, como se pode ver na obra que exponemos máis abaixo, pintura de Carlos Sobrino, que na vara nalgún momento tivo pendurado un farol. A tradicional cruz é de traza octogonal, presenta no anverso un Cristo, en contacto co madeiro só á altura do van, baixo cartela de INRI, morto e cos ollos cerrados. A cabeza do Crucificado está bastante revirada cara a dereita, coas guedellas caéndolle por enriba do ombreiro dereito e por detrás no esquerdo, deixando adiviñar a coroa de espiñas, o mesmo que a barba e o bigote. Do peito non se aprecian os trazos anatómicos, e mentres que os brazos van paralelos ó chan, as máns, moi gastadas, parecen estar abertas en sinal de misericordia. O pano de pureza amosa o nó no costado dereito. O seu pé dereito monta por riba do esquerdo. No reverso atopamos a Virxe do Socorro con coroa, pertencente ao ciclo gozoso da Virxe. O demo, simbolizado porlo

Cruceiro do Campo.

Imagen
Cruceiro do Campo. Consta dunha plataforma de tres chanzos nos que aínda son visíbeis as pequenas cazoletas para pousar as velas, manifestación do antigo culto. O pedestal, de curta altura e forma prismática cos cantos superiores biselados, contén unha inscrición nunha cara que di MARÍA, e noutra AÑO 1802. A vara, primeiramente cuadrangular e logo oitavada, presenta no terzo superior un santiño sobre peaña, leva hábito talar dunha orde relixiosa composto pola túnica, a capucha e o escapulario monacal ou paciencia, que agocha as mans. O capitel, cun ábaco de catro lados curvos, está comporto no vaso por volutas sobresaintes en cada unha das arestas, entre as que asoman cabeciñas de anxiños. · · "Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz. · · Fotos: Asociación A Solaina. 2020. · · #combarro #cruceiros #arte #pedra #conxuntohistoricoartistico #patrimonio

Cruceiro do Campo.

Imagen
Cruceiro do Campo. A uns poucos pasos do Cruceiro da Ghurita atopamos o Cruceiro do CAMPO, tamén chamado de San Roque ou de Arriba. En razón das referencias que recollen algún foros, seguramente estamos a falar do Campo de San Roque. Así, no foro que Ramiro Fernández lle fai o Abade Frei Rosendo Orol en 1669, cédeselle a “Casa que demarque por el poniente con el Campo de San Roque y veigas de Chousa”. Nesa mesma data tamén se lle afora a Benito Fructuoso unha “Casa en las laxes de Chousa, texada y maderada que demarca por el levante con la muralla de la ribera y por el norte con casa de Mathias Rodríguez y Campo de San Roque”. O cruceiro ocupa un lugar central no penedo granítico desta praciña de San Roque, unha base pétrea na que aínda se aprecian na rúa que por alí discorre as rodeiras que os carros fixeron no seu ir e vir ás veigas. O pano de fondo constitúeo unha exquisita casa de cantería, na que sobresae a harmoniosa solaina e a súa balaustrada barroca, datada de 1773, que quedou

Alfonso Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz.

Imagen
Alfonso Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz. As mulleres e os homes de Combarro seguiron vivindo nos séculos XIX e XX da agricultura e das actividades marítimo-pesqueiras. Cando isto non foi posible, sufriron nas súas carnes a emigración: a América desde o século XIX ata os anos 1950 e a Europa (Suíza, Alemaña e Francia) despois. O premio Nobel da Paz arxentino, Alfonso Pérez Esquivel, non soubo ata fai uns anos que contaba cunha nutrida familia en Combarro, pois o seu pai era orixinario de aquí. Unha placa de pedra colocada en 2000 na rúa do Mar lémbrao, así coma o Parque da Memoria (2009), que el mesmo deseñou para as xentes de Poio, no lugar da Seca, a escasos dous quilómetros do Consunto Histórico de Combarro e do Mosteiro de Poio. "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Fotos: Alfonso Pérez Esquivel en Combarro, 2000. Rafa Jr. Faro de Vigo. Parque da Memoria de Poio. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #comba

Ayuntamiento Constitucional de Poyo y Combarro en 1835-1837.

Imagen
Ayuntamiento Constitucional de Poyo y Combarro en 1835-1837. A conformación como parroquia inicia unha cuarta fase da historia do pobo. A terceira, previa, de dúas décadas de duración, vén marcada pola creación do Ayuntamiento Constitucional de Poyo y Combarro en 1835-1837. O estado liberal español acabou, no primeiro terzo do sécula XIX, co poder señorial dos mosteiros. As antigas xurisdicións e cotos de orixe medieval foron suprimidos, do mesmo xeito que os conventos. Desta forma, cando en 1835 foi decretada a vixente división municipal, o antigo Coto de Poyo y Puerto de Combarro foi convertido en municipio, que herdou dita denominación, como vemos no selo e nas actas do flamante Concello. Este é un feito pouco coñecido. Pero durante unha vintena de anos, o actual municipio de Poio foi Concello Constitucional de Poio e Combarro, ao que se incorporaron as parroquias de Samieira, Raxó e San Salvador de Poio, ademáis da de San Juan, á que pertencía entón este pobo. Cando aquilo sucedeu,