Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA Y ARQUITECTURA POPULAR

NOTICIAS RECENTES SOBRE A "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO"

NOTICIAS RECENTES SOBRE A "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO" "Combarro, más allá del tópico. Una guía ahonda en el pasado y presente de la villa"  (Faro de Vigo, 16-07-2013. Edición Pontevedra) "O profesor Rafael Vallejo vén de publicar unha guía ilustrada desta vila mariñeira. Coñecer o pasado e o presente de Combarro en 48 páxinas a toda cor"   (DUVI. Universidade de Vigo, 15-07-2013)

PRESENTACIÓN DA NOVA "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO"

Imagen
PRESENTACIÓN DA NOVA "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA Y ARQUITECTURA POPULAR" Presentamos a "Guía del Conjunto Histórico de Combarro" no Museo de Pontevedra, o xoves 30 de maio ás 20 horas. (Lugar: Museo de Pontevedra . Sexto edificio. Rúa da Pasantería , 10, 36002 Pontevedra) No acto de presentación intervirán o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, o arquitecto César Portela, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, a Deputada pronvincial de Cultura Ana I. Vázquez, así como o autor da Guía, Rafael Vallejo. Convidámote a asistir

PRESENTOUSE EN COMBARRO A "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA Y ARQUITECTURA POPULAR"

Imagen
A Asociación A Solaina presentou este domingo ante máis de cincuenta combarreses e combarresas a "Guía del Conjunto Histórico de Combarro. Historia y arquitectura popular", que acaba de editar. A presentación correu a cargo de Andrés Dacosta Paz e Rafael Vallejo Pousada, responsables desta edición. A Guía, de 48 páxinas, conta con 89 imaxes, entre as que encontramos debuxos, fotos antigas e actuais, mapas, cadros e carteis, que permiten un percorrido visual polo pasado e o presenta deste Conxunto Histórico e da súa arquitectura tradicional. A Guía trata sobre a xeografía, a toponimia, a historia, o "descubrimento" de Combarro como lugar artístico e pintoresco, e a súa arquitectura. Neste apartado da arquitectura explícanse os tipos de vivendas, as construcións marítimas (peiraos, ramplas e balo costeiro) e a chamada, de xeito novidoso na descrición de Combarro, "arquitectura do pan", na que se inclúen os hórreos, os eirados, os muíños...

PRESENTACIÓN EN COMBARRO DA NOVA "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO"

Imagen
PRESENTACIÓN DA "GUÍA DEL CONJUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA Y ARQUITECTURA POPULAR" Este domingo, 7 de abril, preséntase a nova "Guía del Conjunto Histórico de Combarro. Historia y arquitectura popular". A presentación terá lugar no salón de actos da Comunidade de Montes de Combarro, ás 12:30 horas. A Guía foi editada pola Asociación A Solaina de Combarro. Conta con 48 páxinas e 89 imaxes do Conxunto Histórico. A Solaina quere agasallar neste acto aos combarreses e combarresas, e en xeral  a quen asista á presentación, cun exemplar desta nova e, en moitos aspectos novidosa, Guía do Conxunto Histórico.