Entradas

Mostrando entradas de julio, 2014

EN DEFENSA DOS XARDÍNS DE MONDARIZ BALNEARIO

Imagen
EN DEFENSA DOS XARDÍNS DO GRAN HOTEL DE MONDARIZ BALNEARIO A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, apoia a reivindicación de SOS Xardíns Mondariz Balneario , e de moitos galegos e galegas de ben, a favor de preservar os emblemáticos xardíns do Gran Hotel de Mondariz, patrimonio natural e cultural do noso país. Mondariz-Balneario ESCRITO QUE SE LLE REMITE Á ALCALDÍA DE MONDARIZ BALNEARIO . SR. ALCALDE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO. Sr. Alcalde: A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, valora con preocupación o convenio subscrito entre o Concello de Mondariz-Balneario e a empresa Sondeman SL para  recualificar os terreos dos  xardíns do Gran Hotel  coa finalidade de construír nese lugar ata catro edificios de vivendas. Eses xardíns de Mondariz Balneario son un activo do patrimonio natural e cultural dese Concello e da Galicia singular, que se deben pre

O SEMINARIO "OS CONXUNTOS HISTÓRICOS NO BORDE MARÍTIMO GALEGO" CELEBROUSE 1 E 2 DE XULLO

Imagen
O Seminario "Os conxuntos históricos no borde marítimo galego" celebrouse no Consello da Cultura Galega cunha notable asistencia de público                     Rafael Vallejo e Iago Seara, no Seminario Conxuntos Históricos.  Foto: Consello da Cultura Galega. O 1 e 2 de xullo celebrouse o Seminario " Os conxuntos históricos no borde marítimo galego " no Consello da Cultura Galega. A matricula de 100 asistentes foi totalmente cuberta. O Seminario tivo así mesmo unha notable acollida nos medios de comunicación, galegos e españois. As ponencias presentadas serán levadas a un documento, e es estudiadas no seo do Consello da Cultura, a fin de extraer recomendación que poídan servir criterios de aplicación xeral. O Conxunto Histórico de Combarro tivo unha especial presenza no Seminario, durante a segunda xornada, ao que se lle dedicaron as ponencias do arquitectos Iagao Seara, da arquitecta Teresa Nieto, e de Rafael Vallejo, presidente da Asocia