EN DEFENSA DOS XARDÍNS DE MONDARIZ BALNEARIO

EN DEFENSA DOS XARDÍNS DO GRAN HOTEL DE MONDARIZ BALNEARIO

A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, apoia a reivindicación de SOS Xardíns Mondariz Balneario, e de moitos galegos e galegas de ben, a favor de preservar os emblemáticos xardíns do Gran Hotel de Mondariz, patrimonio natural e cultural do noso país.
Mondariz-BalnearioMondariz-Balneario
ESCRITO QUE SE LLE REMITE Á ALCALDÍA DE MONDARIZ BALNEARIO.

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO.
Sr. Alcalde:
A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, valora con preocupación o convenio subscrito entre o Concello de Mondariz-Balneario e a empresa Sondeman SL para  recualificar os terreos dos  xardíns do Gran Hotel  coa finalidade de construír nese lugar ata catro edificios de vivendas.
Eses xardíns de Mondariz Balneario son un activo do patrimonio natural e cultural dese Concello e da Galicia singular, que se deben preservar. Forman parte dos signos de identidade que, como patrimonio cualificado, prestixian un lugar e son un factor de atracción ao mesmo. Son un capital cultural, que xeran calidade de vida e rendas para o conxunto da sociedade e para os particulares, no presente e no futuro.
Por ese motivo, esta Asociación súmase á campaña iniciada por SOS Xardíns Mondariz Balneario, e solicita do Concello de Mondariz Balneario, e dos poderes públicos de Galicia con competencias na materia, o seguinte:
  1. Que se deixe sen efecto o convenio subscrito entre o Concello de Mondariz-Balneario e a empresa Sondeman SL para  recualificar os terreos dos  xardíns do Gran Hotel con fins residencias e que, en calquera caso, non se modifique a normativa urbanística para permitir esa actuación inmobiliaria.
  2. Se adopten as medidas oportunas para a protección integral dos Xardíns do Gran Hotel, a través da figura correspondente da lexislación autonómica vixente nesta materia. É unha protección que merecen pola súa calidade de espazo natural e patrimonio cultural de Mondariz-Balneario e de Galicia.
Así o acorda a Xunta Directiva da Asociación A Solaina de Combarro en Combarro, a 18 de xullo de 2014.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”