"HISTORIA DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A TRAVÉS DA INFORMACIÓN DE PRENSA, 1988-2004"
PRESENTACIÓN DA "HISTORIA DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A TRAVÉS DA INFORMACIÓN DE PRENSA, 1988-2004" O xoves 4 de abril foi presentada na Escola do Campo de Combarro a "Historia da Asociación A Solaina a través da información de prensa, 1988-2004". Foron entregados varios exemplares no Arquivo Histórico da Deputación Provincial, no Museo de Pontevedra, no Arquivo do Concello de Poio, na Biblioteca da Universidade de Vigo e na Biblioteca da Fundación Penzol de Vigo. A Historia da Asociación A Solaina, que consiste nun amplio dossier de prensa de máis de 200 páxinas, ábrese co seguinte texto de Presentación : " En 2012 conmemorouse o 40 Aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico, conmemoración na que tivo un papel activo a Asociación A Solaina de Combarro. A conmemoración serviu para facer un percorrido e unha reflexión colectiva pola historia, o presente e as posibilidades de futuro do pobo de Combarro. Na Solain...