Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

PRESENTACIÓN NO MUSEO DE PONTEVEDRA DA GUÍA TURÍSTICA DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA, ARQUITECTURA E PATRIMONIO CULTURAL

Imagen
MUSEO DE PONTEVEDRA. 13 DE DECEMBRO. 20 HORAS O día 13 de decembro, ás 20 horas, preséntase no Museo de Pontevedra a Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro. Historia, Arquitectura e Patrimonio cultural. O seu autor é o profesor da Universidade de Vigo Rafael Vallejo Pousada, membro dos grupos de investigación TURHISGAL e ECOSOT, e investigador principal de proxecto Historia do turismo en Galicia. Orixes e desenvolvemento no século XX ( HAR2014-52023- C2-2- P) financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, do que o contido desta Guía benefíciase. A presentación correrá a cargo de Carlos Valle, Director do Museo de Pontevedra; Luciano Sobral, Alcalde do Concello de Poio; Xosé Leal, deputado responsable de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra; e, o propio autor da Guía. Ambos os organismos, Concello de Poio e Deputación de Pontevedra, colaboran no financiamento da obra. A subvención da Deputación inscríbese dentro do plan cultural do Ano do P