Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO

COMBARRO NA CÁMARA DE FRANCISCO VIDAL NOVAS: PROXECCIÓN DAS SÚAS PELÍCULAS E HOMENAXE

Imagen
4 0 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO: Combarro na cámara de Francisco Vidal Novas: proxección das súas películas e homenaxe. Domingo, 2 de decembro, ás 17 horas. Lugar: Local da Comunidade de Montes de Combarro Organizan: Asociación A Solaina, e ACDeM Armadiña. Francisco Vidal Novas. Apunte biográfico. Francisco Vidal Novas naceu o 21 de decembro de 1920, en Soutomaior. A súa xuventude pasouna entre Soutomaior e Vigo, donde o seu pai traballaba. Aficionado ao ciclismo durante a mocidade, compartiu carreiras e una gran amizade con Delio Rodríguez e os seus irmans. Durante o servizo militar entra en contacto con xente de Poio donde mais tarde montaría un taller de reparacións de bicicletas. Casou en Combarro, donde ten a súa residencia dende 1952. Aparte do ciclismo, ao que ten una gran afección, gústalle a fotografía e o cine. Nos anos 60, xunto cun grupos de veciños e mailo cura da parroquia de Combarro, promoveu a ...

CONFERENCIA DE MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ, AUTOR DE "AS CONSTRUCCIÓNS DA ARQUITECTURA POPULAR"

Imagen
CONFERENCIA DO PROFESOR MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ SOBRE "As construcción populares galegas da etapa preindustrial" , dentro do ciclo Aula da Natureza, da Arquitectura e dos Oficios Tradicionais do programa de actividades do 40 Aniversario. Manuel Caamaño Suárez, Profesor da Escola Universitaria de Arquitectura de A Coruña, é autor de "As construccións da Arquitectura Popular. Patrimonio Etnográfico de Galicia", unha obra de referencia, imprescindinble para quen queira ter una visión completa e documentada da nosa arquitectura popular (ou arquitectura sen arquitectos).   Lugar: Escola do Campo de Combarro. Día: Venres, 30 de novembro. Hora: 19 horas. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ Apunte Biográfico: Manuel Caamaño Suárez se tituló como arquitecto técnico en la Escuela Politécnica de Barcelona y trabajó en las constructoras “Agromán” (1956-62) y “Dragados y Construcciones” (1963-98). Simultáneamente ejerció la docencia (1975-2000) en la Escu...

O ACTO CONMEMORATIVO DO 40 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO NA PRENSA DIXITAL

Imagen
ACTO CONMEMORATIVO DO 40 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO. 17 DE NOVEMBRO DE 2012 Así recolleu a prensa dixital o Acto conmemorativo do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, do 17 de novembro de 2012 Prensa 18 de novembro   de 2012 http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/11/18/patrimonio-unico-combarro/713445.html http://pontevedraviva.com/cultura/1164/40-aniversario-declaracion-conjunto-historico-combarro-poio-pontevedra/ Prensa 17 de novembro   de 2012 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/11/17/sobral-descarta-revisar-plan-especial-combarro/0003_201211P17C6991.htm http://www.presspeople.com/pr/ramon-villares-falara-mana-combarro-sobre

ACTO CONMEMORATIVO DO 40 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO

Imagen
Acto Conmemorativo do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico Sábado, 17 de novembro Local da Comunidade de Montes de Combarro. 19 horas. Intervirán: - Ramón Villares Paz , Presidente do Consello da Cultura Galega , que disertará sobre A protección do Patrimonio. Unha reflexión histórica . - Rafael Vallejo Pousada , Presidente da Solaina ; - Xosé Henrique Costas González, Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. - José Manuel Rey Pichel , Director Xeral do Patrimonio Cultural; - Representación da Deputación Provincial de Pontevedra . - Luciano Sobral Fernández , Alcalde de Poio . Actuarán: Grupo de Pandereiteiras do Ateneo Corredoira de Combarro e Coro Virxe da Renda de Combarro.

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". OITAVA CONFERENCIA.

Imagen
OITAVA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: César Portela (Arquitecto) Título da conferencia: Combarro e o seu contorno: impresións dun arquitecto . Día e hora: Venres, 9 de novembro, ás 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. Apunte biográfico sobre César Portela. O arquitecto César Portela Fernandez-Jardón (Pontevedra, 1937) titulouse en arquitectura na Escola Superior de Barcelona e, máis tarde, trasladouse a Madrid, onde logrou o doutoramento en 1968. Ten unha obra ampla. Entre outras, salienta a coautoría, xunto a Aldo Rossi, do Museo do Mar de Vigo. Tamén colaborou con Isozaki na construción do edificio Domus-Casa do Home da Coruña. Para o Conxunto Histórico de Combarro foi autor do proxecto da actual praza de Chousa. César Portela compaxinou o seu labor profesional coa docencia. Exerceu como catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Es...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". SÉTIMA CONFERENCIA.

Imagen
SÉTIMA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: Iago Seara Morales (Arquitecto). Título da Conferencia: Combarro, dende Conxunto Histórico ao Plano de Ordenación do Litoral Galego. Exemplo de evolución do uso e da percepción individual e social dos Conxuntos Históricos de Galicia . Día e hora: Venres, 26 de outubro, ás  20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. __________________________________________________ CURRICULUM DE IAGO SEARA MORALES ( Ourense, 1948). Arquitecto. Especialidade en urbanismo. Titulouse na Escola Superior de Arquitectura de Madrid. MÁSTER en Intervención e Restauración Arquitectónica impartido polo Centro Superior de Arquitectura da Fundación Antonio Camuñas. 1983-1991. Xefe de Servizo de Patrimonio Arquitectónico da Consellería de Cultura daXunta de Galicia. 1991-1993. Director Xeral de Patrimonio Histórico e Documental d...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". SEXTA CONFERENCIA

Imagen
SEXTA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: Manuel Mª Chaín Pérez ( Subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia). Titulo da Conferencia: Os Plans Especiais de Protección nos Conxuntos Históricos de Galicia . Día: Xoves, 18 de outubro. Hora: 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. ________________________________________________________________ NOTA ACLARATORIA: Esta conferencia ía ser impartida por Ignacio Cerrada, Xefe de Servizo de Planeamento e Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Por razóns de forza maior, alleas a súa vontade, non poderá ser así. O Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Mª Chaín, será quen a imparta. A Asociación A Solaina agradece a colaboración de ambos os d...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". QUINTA CONFERENCIA

Imagen
QUINTA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: Manuel Pueyo (Arquitecto. Responsable da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro). Título da conferencia: O papel das ARIS (Áreas de Rehabilitación Integral) na rehabilitación sustentable dos Conxuntos Históricos: unha proposta para Combarro . Día e hora: Venres, 5 de outubro, ás  20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. Resumo da conferencia . Esta conferencia tratará sobre tres aspectos: 1) As Áreas de Rehabilitación Integral: funcionamento actual e posibilidades no fomento de medidas innovadoras de intervención basaeadas na sustentabilidade. 2) Os Criterios de intervención sustentable nos proxectos de espazo público n o Conxunto Histórico de Combarro. 3) Medidas de mellora ambiental nas actuacións rehabilitadoras dos particulares en Combarro. O conferenciante: Manuel Pueyo. Man...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". CUARTA CONFERENCIA

Imagen
CUARTA CONFERENCIA DO CICLO " COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Sara María Torres Outón. (Socióloga. Universidade de Vigo). As posibilidades turísticas de Combarro: patrimonio, hostalaría e comercio . Día: Venres, 28 de setembro. Hora: 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro Resumo da conferencia. Con ocasión da celebración da conmemoración do 40 aniversario da declaración de Combarro como conxunto de interese artístico e pintoresco (1972) resulta apropiado reflexionar sobre as súas oportunidades turísticas ligadas ó patrimonio, hostalería e comercio. Non cabe dúbida de que constitúe un exemplo sobranceiro da arquitectura popular mariñeira galega. O seu casco vello presenta unha adaptación e simbiose co medio físico e natural que o caracteriza e dota de gran beleza. A profunda relación entre a súa arquitectura e o medio que a rodea obedece a razóns funcionais e produce un resultado de gran valor estético. A estrutura urbanística do casco de...