PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". SEXTA CONFERENCIA
SEXTA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40
ANIVERSARIO"
Día: Xoves, 18 de outubro.
Hora: 20 horas.
Lugar: Escola do Campo de Combarro.
________________________________________________________________
NOTA ACLARATORIA: Esta conferencia ía ser impartida por Ignacio Cerrada, Xefe de Servizo de Planeamento e Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Por razóns de forza maior, alleas a súa vontade, non poderá ser así. O Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Mª Chaín, será quen a imparta. A Asociación A Solaina agradece a colaboración de ambos os dous.
Arquitectura e Patrimonio Histórico
Conferenciante: Manuel Mª Chaín Pérez (Subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).
Titulo da Conferencia: Os Plans Especiais de Protección nos
Conxuntos Históricos de Galicia.
Día: Xoves, 18 de outubro.
Hora: 20 horas.
Lugar: Escola do Campo de Combarro.
________________________________________________________________
NOTA ACLARATORIA: Esta conferencia ía ser impartida por Ignacio Cerrada, Xefe de Servizo de Planeamento e Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Por razóns de forza maior, alleas a súa vontade, non poderá ser así. O Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Mª Chaín, será quen a imparta. A Asociación A Solaina agradece a colaboración de ambos os dous.
___________________
OS PLANS ESPECIAIS DE PROTECCIÓN DOS
CONXUNTOS HISTÓRICOS DE GALICIA.
A
conferencia tentará facer unha presentación sobre o significado conceptual da
figura do “Conxunto Histórico” como unha das clases de protección nas que son
declarados os bens inmobles de interese cultural, os B.I.C., e do réxime
xurídico de protección que esta cualificación outorga.. A singularidade deste
réxime na súa aplicación aos conxuntos históricos ten o seu cerne na figura do
Plan Especial de Protección.
¿Que
é un conxunto histórico?, ¿como se protexe?, ¿como se conserva?, ¿por qué un
plan especial?, ¿como debe ser un bo plan especial?; e despois de aprobado o
plan especial ¿que é do conxunto histórico? ... serán algunhas das cuestións ás
que tentará dar resposta, ou cando menos introducir suxestións para a súa
interpretación, esta charla.
Todo
elo desde a perspectiva e a experiencia da administración competente en materia
de conservación e protección do patrimonio cultural.
O conferenciante:
MANUEL Mª CHAÍN PÉREZ
Arquitecto,
funcionario de carreira, e na actualidade Subdirector xeral de Conservación e
Restauración de Bens Culturais da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural,
Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria da Xunta de Galicia.
É
arquitecto pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe un máster en
rehabilitación arquitectónica pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña.
Leva máis de 22 anos traballando como arquitecto na Dirección Xeral do
Patrimonio Cultural, desenvolvendo a súa actividade principalmente en aspectos
relacionados coa conservación do patrimonio cultural, tendo supervisado,
coordinado, redactado e dirixido obras de conservación e restauración de moitos
inmobles integrantes do patrimonio cultural galego. Na actualidade, entre
outras funcións, encomendadas pola Consellería de Cultura, é membro da Comisión
asesora do plan especial de protección do conxunto histórico de Santiago de
Compostela.
Entre os
traballos que ten realizado, tan só por citar algún, a rehabilitación das
Aldeas de Seceda e Froxán no concello de Folgoso do Courel (Lugo) [en
colaboración con Juan Manuel Doce Porto][ámbolas dúas aldeas son bens inmobles
declarados BIC – Lugar de interese
etnográfico]; a recuperación dos edificios multiusos e da antiga central
eléctrica na Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) [en colaboración con
Federico Garrido Villa][ben inmoble declarado BIC – Sitio Histórico]; a
restauración da igrexa de Santa María a Nova de Noia e a súa rehabilitación
como centro de exposición das laudas gremiais, Noia (A Coruña) [ben inmoble
declarado BIC – Monumento]; o seguimento e supervisión técnica dos proxectos e
traballos de restauración do Plan Catedral – Restauración do Pórtico da Gloria
da Catedral de Santiago de Compostela [ben inmoble declarado BIC e que forma
parte de dous bens incluídos no listado do patrimonio mundial: A Cidade Antiga
de Santiago de Compostela e o Camiño Francés de Santiago de Compostela].
Comentarios
Publicar un comentario