PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". OITAVA CONFERENCIA.

OITAVA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". Arquitectura e Patrimonio Histórico


Conferenciante: César Portela (Arquitecto)

Título da conferencia: Combarro e o seu contorno: impresións dun arquitecto.

Día e hora: Venres, 9 de novembro, ás 20 horas.

Lugar: Escola do Campo de Combarro.
Apunte biográfico sobre César Portela.
O arquitecto César Portela Fernandez-Jardón (Pontevedra, 1937) titulouse en arquitectura na Escola Superior de Barcelona e, máis tarde, trasladouse a Madrid, onde logrou o doutoramento en 1968.
Ten unha obra ampla. Entre outras, salienta a coautoría, xunto a Aldo Rossi, do Museo do Mar de Vigo. Tamén colaborou con Isozaki na construción do edificio Domus-Casa do Home da Coruña. Para o Conxunto Histórico de Combarro foi autor do proxecto da actual praza de Chousa.
César Portela compaxinou o seu labor profesional coa docencia. Exerceu como catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Foi así mesmo profesor invitado en numerosas universidades e institucións de todo o mundo, entre as que caben destacar a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa e Weimar.
Colaborou igualmente na organización e deseño de diversos seminarios e talleres de arquitectura, algúns tan relevantes como o dirixido en colaboración con Aldo Rossi en Santiago de Compostela (1974), os Talleres Internacionais de Arquitectura de Nápoles, Belfort, Caracas, a IV Bienal de Arquitectura de Santander, e, máis recentemente, o Seminario sobre Cultura e Natureza: Arquitectura e Paisaxe, dependente da Universidade Internacional Menéndez Pelayo na Illa de San Simón, así como a dirección, con Óscar Tenreiro, do Seminario de Arquitectura da Universidade de Weimar.
A entidade da súa obra foi recoñecida con diversas distincións, nacionais e internacionais. En 1999 recibeu o Premio Nacional de Arquitectura.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”