COMBARRO NA CÁMARA DE FRANCISCO VIDAL NOVAS: PROXECCIÓN DAS SÚAS PELÍCULAS E HOMENAXE

40 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO: Combarro na cámara de Francisco Vidal Novas: proxección das súas películas e homenaxe.

Domingo, 2 de decembro, ás 17 horas.
Lugar: Local da Comunidade de Montes de Combarro
Organizan: Asociación A Solaina, e ACDeM Armadiña.


Francisco Vidal Novas. Apunte biográfico.

Francisco Vidal Novas naceu o 21 de decembro de 1920, en Soutomaior.

A súa xuventude pasouna entre Soutomaior e Vigo, donde o seu pai traballaba.

Aficionado ao ciclismo durante a mocidade, compartiu carreiras e una gran amizade con Delio Rodríguez e os seus irmans.

Durante o servizo militar entra en contacto con xente de Poio donde mais tarde montaría un taller de reparacións de bicicletas. Casou en Combarro, donde ten a súa residencia dende 1952.

Aparte do ciclismo, ao que ten una gran afección, gústalle a fotografía e o cine.

Nos anos 60, xunto cun grupos de veciños e mailo cura da parroquia de Combarro, promoveu a construcción dun salón parroquial, que, aparte doutras actividades, foi dedicado a sala de proxección de cine ata finais dos anos 70. As primeiras películas que alí se presentaron, nada máis rematar o salón, foron proxectadas cun proxector de 16 mm. (Antes de existir o salón parroquial, Francisco Vidal proxectaba as películas na bodega da súa casa). Como curiosidade, compre dicir que naqueles anos en realidade tiveron 2 proxectores, un en Combarro e outro en Samieira. Primeiro comezaban a proxección en Combarro e, ao rematar o primeiro rollo de película, levábano para Samieira, donde comezaba a proxección.

Uns anos mais tarde, os responsabeis da sala de cine do Salón Parroquial de Combarro adquiriron un proxector profesional de 35 mm., co que traballaron ata o peche do cine.

Tamén cabe destacar que todo o traballo feito durante estes anos como responsable do cine foi sempre dunha forma totalmente desinteresada, mais ben como sole ocorrer neste casos algunhas veces pagando el do seu bolsillo.

A partires dos anos 80, Vidal comprou unha pequena cámara de super 8 mm., coa que comezou a rodar. Primeiro foron acontecementos familiares; e, de seguido, xurdeulle a idea de facer un pequeno documental, "Viejos Molinos", sobre os muiños de auga e vento en Galicia, que se atopan en decadencia e na maioría das veces en ruínas. Este película documental rematouna no ano 1983. Este documental foi presentado en diferentes certames de cine de 8 mm., dende Vilagarcía ata en Cataluña. Non recibiu ningún premio, pero grazas a el fixo grandes amigos, que aínda hoxe conserva.

No ano 1984, Francisco Vidal rematou outro documental, "Combarro, Tesouro Esquencido", no que denunciaba a deixadez no que se atopaba Combarro, a pesar de que no ano 1972 se lle dera o titulo de recinto histórico. O documental foi presentado a raíz da exposición "Combarro Onte e Hoxe" feita por un grupo de xóvenes (Rafael Vallejo, Francisco Guerra e Xosé Manuel Martínez) que, tres anos despois, promoveron a constitución da Asociación A Solaina de Combarro.

Outros titulos de Francisco Vidal en super 8 son "Bolos en Soutomaior", referido a un xogo de bolos moi particular deste Concello pontevedrés, e "O Monte de Mamuela", versión libre da película Balada do Narayama, con actores de Combarro.

Mais tarde, coa chegado das cámaras de vídeo, Vidal realizou outros traballos, entre o s que se encontra a "Festa do Corpus en Combarro".

No centro cívico municipal coñecido como a Casa Rosada de Poio, Vidal realizou unha pequena película, para presentala ao concurso "O trafico visto polos nosos maiores".

Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Noticia uvigo.gal