Cruceiro do Campo.

Cruceiro do Campo.

A uns poucos pasos do Cruceiro da Ghurita atopamos o Cruceiro do CAMPO, tamén chamado de San Roque ou de Arriba. En razón das referencias que recollen algún foros, seguramente estamos a falar do Campo de San Roque. Así, no foro que Ramiro Fernández lle fai o Abade Frei Rosendo Orol en 1669, cédeselle a “Casa que demarque por el poniente con el Campo de San Roque y veigas de Chousa”. Nesa mesma data tamén se lle afora a Benito Fructuoso unha “Casa en las laxes de Chousa, texada y maderada que demarca por el levante con la muralla de la ribera y por el norte con casa de Mathias Rodríguez y Campo de San Roque”.
O cruceiro ocupa un lugar central no penedo granítico desta praciña de San Roque, unha base pétrea na que aínda se aprecian na rúa que por alí discorre as rodeiras que os carros fixeron no seu ir e vir ás veigas. O pano de fondo constitúeo unha exquisita casa de cantería, na que sobresae a harmoniosa solaina e a súa balaustrada barroca, datada de 1773, que quedou ben recollida nas fotos históricas de Zagala e nos sempre admirables lenzos e debuxos de Carlos Sobrino.
·
·
"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.
·
·
Foto: Wunderlich, Otto, 1929. Cruceiro do Campo.
·
·



Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.