HÓRREOS DE COMBARRO

A caída dun hórreo no lugar de Tarrío en Combarro, a situación de deterioro de parte dos que existen no Conxunto Histórico e a reclamación da Asociación A Solaina requirindo unha acción urxente do Concello de Poio e da Xunta de Galicia para a súa restauración e conservación tiveron un amplo seguimento nas redes sociais, nas televisións e na prensa escrita e dixital. Aquí vos ofrecemos algunhas mostras desta última.

A Solaina agradece o apoio recibido. E seguirá coas súas demandas, para que as declaracións de boas intencións por parte das autoridades non se queden só en titulares de prensa. Dar un titular é relativamente fácil. Estamos acostumados a velo. Traducir as promesas e intencións en realidades, require traballar e rigor, e comprometerse cos veciños afectados, que tamén teñen as súas obrigas. Estamos atentos. E pediremos que se actúe e se faga con rigor. Ata agora non o vemos por parte das administracións públicas, empezando polo Concello de Poio.

DIARIO DE PONTEVEDRA


FARO DE VIGO 


LA VOZ DE GALICIA 


Del hórreo que se vino abajo solo permanece en su emplazamiento la base de piedra.RAMÓN LEIRO. 
LA VOZ DE GALICIA. 21 de febrero de 2014  05:00


Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”