XORNADA DE PROMOCIÓN DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE CALIDADE

EN COMBARRO, O 18 DE FEBREIRO, XORNADA DE PROMOCIÓN  DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE CALIDADE


A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro “A Solaina” co seu compromiso polo desenvolvemento sostible do turismo no pobo de Combarro organiza unha Xornada para a Promoción de Produtos Galegos con Indicativos de Calidade.

A Xornada esta destinada a profesionais da hostalería e o comercio de Poio. A Xornada celebrarase o día 18 de febreiro de 2017 no Restaurante Nuevo Parada, na praia da Canteira (Porto  de  Combarro).

O programa da Xornada será o que segue:

16.45 -17. Recepción dos asistentes e inauguración.

17-18. Presentación  e cata dos queixos galegos con DOP, Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro. Oscar Pérez Ramil, secretario da DOP Arzúa- Ulloa.

18-20. Cata de viños de Valdeorras. Jorge Mazaira, director técnico da DO Valdeorras.

20-21. Presentación dos Augardentes e licores tradicionais de Galicia. Sonia Otero Padín, membro do panel de cata do Consello Regulador Augardentes e licores tradicionais de Galicia, e José Antonio Feijoo, Presidente.

A inscrición é GRATUITA, con PRAZAS LIMITADAS (25).

Para a inscrición chamar ao teléfono: 607947759 (Rosi Couselo) ou dirixirse ao correo electrónico: asolainacombarro@gmail.com


COLABORA: Concellería de Turismo do Concello de Poio

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”