Entradas

PRESENTACIÓN NO MUSEO DE PONTEVEDRA DA GUÍA TURÍSTICA DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. HISTORIA, ARQUITECTURA E PATRIMONIO CULTURAL

Imagen
MUSEO DE PONTEVEDRA. 13 DE DECEMBRO. 20 HORAS O día 13 de decembro, ás 20 horas, preséntase no Museo de Pontevedra a Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro. Historia, Arquitectura e Patrimonio cultural. O seu autor é o profesor da Universidade de Vigo Rafael Vallejo Pousada, membro dos grupos de investigación TURHISGAL e ECOSOT, e investigador principal de proxecto Historia do turismo en Galicia. Orixes e desenvolvemento no século XX ( HAR2014-52023- C2-2- P) financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, do que o contido desta Guía benefíciase. A presentación correrá a cargo de Carlos Valle, Director do Museo de Pontevedra; Luciano Sobral, Alcalde do Concello de Poio; Xosé Leal, deputado responsable de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra; e, o propio autor da Guía. Ambos os organismos, Concello de Poio e Deputación de Pontevedra, colaboran no financiamento da obra. A subvención da Deputación inscríbese dentro do plan cultural do Ano do P...

XORNADA DE PROMOCIÓN DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE CALIDADE

Imagen
EN COMBARRO, O 18 DE FEBREIRO, XORNADA DE PROMOCIÓN  DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE CALIDADE A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro “A Solaina” co seu compromiso polo desenvolvemento sostible do turismo no pobo de Combarro organiza unha Xornada para a Promoción de Produtos Galegos con Indicativos de Calidade . A Xornada esta destinada a profesionais da hostalería e o comercio de Poio. A Xornada celebrarase o día 18 de febreiro de 2017 no Restaurante Nuevo Parada, na praia da Canteira (Porto  de  Combarro). O programa da Xornada será o que segue: 16.45 -17. Recepción dos asistentes e inauguración. 17-18. Presentación  e cata dos queixos galegos con DOP, Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro . Oscar Pérez Ramil, secretario da DOP Arzúa- Ulloa. 18-20. Cata de viños de Valdeorras . Jorge Mazaira, director técnico da DO Valdeorras. 20-21. Presentación dos Augarde...
Imagen
30 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A ASOCIACIÓN A SOLAINA FUNDOUSE EN 1987 Este ano conmemoramos o 30 Aniversario da Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro. Con ese motivo celebraremos varias actividades e participaremos e varías accións de difusión, defensa e promoción do patrimonio cultural de Combarro e de Galicia. O 18 de febreiro organizamos en Combarro unha Xornada de Promoción de Produtos Galegos con Indicativo de Calidade, coa colaboración dos Consellos Reguladores e as Denominacións de Orixe Protexidas: Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, Viños de Valdeorras e  Augardentes e licores tradicionais de Galicia. O 10 de marzo participamos nas  Xornadas de Sensibilización, Situación Actual e Propostas de Futuro para os Hórreos de Combarro , que organiza a Oficina da Área de Rehabilitación Integral de Combarro, do Concello de Poio, con dúas ponencias sobre A Lóxica Constru...

PUBLICACIÓN DO LIBRO INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

Imagen
PUBLICACIÓN DUN NOVO LIBRO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA: INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO                     A Asociación  A Solaina ven de publicar en forma de libro o INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO, redactado neste 2014. O libro titúlase I NFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO, PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN DEZ MEDIDAS PARA CONSERVAR O PATRIMONIO DUN BEN DE INTERESE CULTURAL E TURÍSTICO , Pontevedra, Asociación A Solaina / Gráficas Anduriña, 2014, 55. paxs. ISBN: 84-617-0081-3. O libriño está adicado "A Pascula Campos Michelena, arquitecta que desde 1983 fixo un extraordinario traballo profesional a favor da conservación do Conxunto Histórico de Combarro". Trátase dunha publicación feita cunha curta edición. Os interesados en adquirila poden dirixirse á Asociación (asolainacombarro@gmail.com). Portada do libro

A SOLAINA DIRÍXESE AO ALCALDE DE POIO SOLICITANDO UN PLAN DE MEDIDAS PARA COMBARRO, DESDE 2015

A ASOCIACIÓN A SOLAINA SOLICITA Á CORPORACIÓN MUNICIPAL DE POIO UN PLAN DE MEDIDAS PARA RECUPERAR COMBARRO, A APLICAR DESDE 2015 Este é o escrito que A Solaina rexistrou o 18 de decembro, no Concello de Poio, solicitando un Plan de Medidas para conservar e recuperar o Conxunto  Histórico de Combarro. Pídense, entre outras medidas, partidas concretas para a recuperación dos hórreos do pobo e o inicio da retirada dos cables do Conxunto Histórico en 2015. Solicitase así mesmo a creación dunha Comisión Municipal Especial, formada por representantes dos partidos con representación en Poio, para xestionar a colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. *** Combarro, 16 de decembro de 2014. Sr. Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Poio. Sr. Alcalde: Nos últimos anos como sabe fixéronse varios estudos sobre o Conxunto Histórico de Combarro (algún deles encargado polo Concello de Poio, en 2008), e a conmemoración en 2012 do 40 Aniversario da súa ...

Presentación do Libro Combarro, Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños

Imagen
O venres 5 de decembro foi presentado pola Asociación A Solaina o libro  Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños. A presentación tivo lugar no Salón de Actos da Comunidade de Montes de Combarro, ás 20 horas. Na mesma participaron Ana Isabel Vázquez, deputada provincial de Cultura, en nome da Deputación de Pontevedra, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e Rafael Vallejo, pola asociación A Solaina, en calidade de coordinador da publicación. Asistiron algo máis de cincoenta veciños e veciñas de Combarro. Foron agasalladas con cadanseu exemplar do libro. Tamén estiveron presentes os representantes das asociacións de Combarro que colaboraron na publicación, así como as concelleiras de Poio Chelo Besada e Silvia Díaz, e o concelleiro ángel Moldes, que colaboran con senllos artigos nesta monografía. A bora contén artigos de Ramón Villares Paz, os arquitectos Iago Seara, César Portela, Manuel Caamaño Suárez, Manuel Mª Chaín e Manuel Pueyo, a socióloga Sara Torr...

PRESENTACIÓN DO LIBRO COMBARRO, CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2012). ESTUDOS E TESTEMUÑOS

Imagen
Este próximo venres, 5 de decembro, ás 20 horas, terá lugar a  presentación do librov Combarro, Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños , coordinado por Rafael Vallejo Pousada, presidente de A Solaina. A presentación faráse no Salón de Actos da Comunidade de Montes de Combarro. Gustaríanos contar coa vosa presencia na presentación. As persoas que asistan serás agasalladas cun exemplar da publicación. ÍNDICE DO LIBRO COMBARRO, CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2012). ESTUDOS E TESTEMUÑOS RAFAEL VALLEJO POUSADA (COORDINADOR) Combarro, un dos emblemas do turismo das Rías Baixas  Rafael Louzán Abal Presidente da Deputación de Pontevedra. A modo de introdución Rafael Vallejo Pousada CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO Que conmemoramos neste 40 Aniversario? Rafael Vallejo Pousada Presidente da Asociación A Solaina de Combarro Combarro, tamén Patrimonio Inmaterial   Xosé-Enrique Costas González Vicerreitor de Exte...