Presentouse en Combarro a "Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro".
A "Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro" foi presentada este domingo 11 de marzo de 2018 no salón de actos da Comunidade de Montes. A presentación consisteu nun acto moi entrañable, ao que asistiron uns cincuenta combarreses e combarreses. Foi presentado por Xosé Manuel Martínez, vicepresidente da Asociación A Solaina, e tomaron a palabra o Alcalde de Poio, Luciano Sobral, e o autor da guía, Rafael Vallejo, que subraiou o labor colectivo que hai debaixo da obra, así como a importante mostra de imaxes históricas e actuáis que recolle de Combarro: máis dunha centena de carteis, fotos e pinturas sobre o pobo, desde finais do século XIX ata 2017. Esta Guía de Combarro foi publicada na conmemoración do trinta aniversario da Asociación A Solaina. Contou coa colaboración de Deputación de Pontevedra e do Concello de Poio. Así o recolleu a prensa o acontemento: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/03/12/guia-sentirse-orgullosos-combarro