Entradas

15 DE XUÑO. PRESENTADO NO CONCELLO DE POIO O PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO PRESENTACIÓN NO CONCELLO DE POIO DO PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O venres 15 de xuño foi presentado, no Concello de Poio , o Programa do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A presentación estivo presidida polo Alcalde de Poio, Luciano Sobral,  e contou coa participación de todas as asociacións e colectivos de Combarro que colaboran coas súas actividades e iniciativas no programa da Conmemoración. Tomaron a palabra na mesma a concelleira de Cultura, Silvia Díaz , que leva o peso da organización por parte do Concello de Poio , así como a concelleira Chelo Besada (PSdeG-PSOE) e o concelleiro Ángel Moldes (PPdG). Rafael Vallejo , presidente da Solaina e coordinador dos actos da Conmemoración, explicou o contido do programa, que contará con diversas actividades. PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN - Visitas guiadas ao Conxunto Histó...

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO: VISITAS GUIADAS POLA SOLAINA A COMBARRO

Imagen
COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO PRIMEIRAS VISITAS GUIADAS POLA SOLAINA AO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O 19 de abril tivo lugar a segunda visita guiada ao Conxunto Histórico de Combarro, conducida por membros da Asociación A Solaina de Combarro. Nela participaron 5 profesores e 65 alumnos e alumnas do Instituto J. Baptista Darnet da localicade francesa de Limoges. Todos eles están facendo un intercambio cultural con outros colexios da provincia de Pontevedra, entre os que se atopa o Instituto de Poio, que igualmente visitaron. Por parte de A Solaina participaron Alicia Martínez e Andrés Dacosta. Esta, como as restantes visitas, forman parte do Acordo de Colaboración entre o Concello de Poio e A Asociación A Solaina de Combarro para dar contido á Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico.

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO: PRIMEIRAS VISITAS GUIADAS POLA SOLAINA A COMBARRO

Imagen
COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO PRIMEIRAS VISITAS GUIADAS POLA SOLAINA AO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O 18 de abril tivo lugar á primeira visita guiada ao Conxunto Histórico de Combarro, conducida por membros da Asociación A Solaina de Combarro. Participaron na visita alumnos e alumnas do Colexio SEK Atlántico e do colexio londinense St. Dunstan's, anfitrións dos primeiros. A visita completouse coa que fixeron ao Mosteiro de Poio. Por parte de A Solaina participaron Alicia Martínez e Andrés Dacosta. As visitas, gratuitas, forman parte do Acordo de Colaboración entre o Concello de Poio e A Asociación A Solaina de Combarro para dar contido á Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico.

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO: ACTO INFORMATIVO EN COMBARRO

Imagen
COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO O sábado 14 de abril preséntase na Escola do Campo en Combarro, ás 20:30 horas, a Conmemoración oficial do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. Participarán o Alcalde de Poio, Luciano Sobral, a Concelleira de Cultura, Silvia Díaz, a Concelleira de Obras, Chelo Besada, o voceiro do Partido Popular, Ángel Moldes, así como o presidente da Asociación A Solaina, Rafael Vallejo.

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO: COLOCACIÓN DE BANDEIROLAS

Imagen
COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO Este venres 13 de abril o Concello de Poio procedeu a colocar en Combarro as primeiras bandeirolas que anuncian a Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico

Manuela Costantino: Arquitecta turinesa, autora do logotipo do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico

Imagen
O logotipo que identificará a Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, foi presentado o venres 16 de marzo no Concello de Poio, polo presidente da Asociación A Solaina, en presencia do Alcalde, Luciano Sobral, da Concelleira de Cultura, Silvia Díaz, a voceira do PSdeG, Chelo Besada, e o voceiro do PPdeG, Ángel Moldes. A autora do logotipo é Manuela Costantino, quen naceu en Ivrea (Turín. Italia) en 1982. Manuela Costantino fixo os seus estudos universitarios no Politecnico de Turín, Instituto Universitario estatal de carácter científico-tecnolóxico, no que se forman arquitectos, enxeñeiros, deseñadores industriais e deseñadores gráficos, que foi historicamente considerado como o mellor Politécnico de Italia e un dos mellores de Europa. Alí graduouse en Deseño Industrial, primeiro, e a continuación licenciouse en Arquitectura. A súa Tesi di Laurea (Proxecto fin de carreira) na Facultade II de Arquitectura do Politécnico de Turín, defend...

16 marzo: sinatura, en Poio, do Acordo de Colaboración entre o Concello de Poio e A Solaina para os actos do 40 aniversario

O venres 16 de marzo asinouse no Concello de Poio, entre o Alcalde Luciano Sobral e o presidente da Asociación A Solaina Rafael Vallejo, o Acordo de Colaboración entre o Concello de Poio e a Asociación A Solaina de Combarro referente á Conmemoración do 40 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A información sobre o Acto pode verse, en versión electrónica, no seguintes links: http://www.canalriasbaixas.com/content/view/12441/1/ http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/03/19/combarro-40-anos-conjunto-historico/633677.html http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/158207.html?lang=gl http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/03/16/combarro-logo-40-aniversario-declaracion-conxunto-historico/00031331909340512483263.htm http://www.farodevigo.es/opinion/2012/03/19/combarro-baixo-unha-ollada-italiana/633673.html?utm_source=rss http://www.radiopontevedra.com/index.php/2-uncategorised/21-comemoracion-del-cuarenta-aniversario-de-comba...