Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2012

COMBARRO NA CÁMARA DE FRANCISCO VIDAL NOVAS: PROXECCIÓN DAS SÚAS PELÍCULAS E HOMENAXE

Imagen
4 0 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO: Combarro na cámara de Francisco Vidal Novas: proxección das súas películas e homenaxe. Domingo, 2 de decembro, ás 17 horas. Lugar: Local da Comunidade de Montes de Combarro Organizan: Asociación A Solaina, e ACDeM Armadiña. Francisco Vidal Novas. Apunte biográfico. Francisco Vidal Novas naceu o 21 de decembro de 1920, en Soutomaior. A súa xuventude pasouna entre Soutomaior e Vigo, donde o seu pai traballaba. Aficionado ao ciclismo durante a mocidade, compartiu carreiras e una gran amizade con Delio Rodríguez e os seus irmans. Durante o servizo militar entra en contacto con xente de Poio donde mais tarde montaría un taller de reparacións de bicicletas. Casou en Combarro, donde ten a súa residencia dende 1952. Aparte do ciclismo, ao que ten una gran afección, gústalle a fotografía e o cine. Nos anos 60, xunto cun grupos de veciños e mailo cura da parroquia de Combarro, promoveu a