Entradas

INFORME URXENTE SOBRE COMBARRO: ENTREVISTA CONSTRUTIVA DE A SOLAINA CO CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ

Imagen
ENTREVISTA DE A SOLAINA CO CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ. Hoxe tivo lugar, na Consellería de Cultura, a reunión da Asociación ASolaina de Combarro co Conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, para tratar sobre o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro". Por parte da Consellería tamén participou a Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez. A Solaina estivo representada polo seu presidente, Rafael Vallejo, e os directivos Andrés Dacosta e Antón Briones. A reunión, que se prolongou durante máis dunha hora, desenvolveuse nun clima verdadeiramente construtivo. Rafael Vallejo explicou con detalle o Informe Urxente sobre Combarro que acaba de presentar ASolaina. En primeiro lugar, informouse sucintamente o Conselleiro e a Directora Xeral sobre as xestións que esta Asociación fixo na década de 1990 a favor do Conxunto Histórico. Efectuouse as...

NFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. REUNIÓN CO CONSELLEIRO DE CULTURA

Imagen
O 19 de maio, pola mañán, a Asociación A Solaina de Combarro entrevístase en Santiago de Compostela co Conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, para darlle conta do "INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022)", e solicitar o apoio da Consellería para a súa aplicación integral, no que ás competencias desta lle afecta. A Solaina tamén ten solicitadas entrevistas co Presidente da Xunta de Galicia, co da Deputación de Pontevedra e, a través da presidencia do Parlamento de Galicia, cos grupos políticos representados no mesmo. ASÍ O RECOLLE A PRENSA DIXITAL FARO DE VIGO: " A Solaina presentará su plan de Combarro al conselleiro de Cultura "

A SOLAINA SEGUE AS SÚAS XESTIÓNS A FAVOR DO INFORME URXENTE E DO PLAN DE MEDIDAS PARA CONSERVAR O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

Imagen
3 de mayo de 2014 a la(s) 20:40  O INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022) foi entregado persoalmente, este pasado mércores, ao profesor Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. Na entrevista realizada, Ramón Villares comprometeuse a que o Consello da Cultura estudará con moito interese o Informe e as Medidas propostas, tal e como fixera con outros informes anteriores trasladados a esta institución oficial pola Asociación A Solaina. O martes, o Informe Urxente foi entregado na Deputación de Pontevedra. No seu escrito, A Solaina indícalle ao Presidente deste organismo que no "Informe faise un repaso a historia da declaración de Combarro como Conxunto Histórico, ás políticas desenvolvidas desde 1972 para a súa conservación, ás demandas sociais efectuadas para reclamar ...

O INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO NA PRENSA DIXITAL

Imagen
Así recolleron os xornais de Pontevedra, nas súas edicións dixitais, ou a prensa dixital as novas sobre o INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022) FARO DE VIGO "A Solaina traza una hoja de ruta para Combarro con 10 actuaciones hasta 2022" (29-04-2014) http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/04/29/solaina-traza-hoja-ruta-combarro/1013696.html?utm_medium=rss Foto: Rafa Vázquez. Faro de Vigo "La situación de Combarro es crítica…" (30-04-2014) http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/04/30/situacion-combarro-critica-corre-riesgo/1014393.html Foto: Rafa Vázquez. Faro de Vigo DIARIO DE PONTEVEDRA "Diez ideas para mejorar Combarro" (29-04-2014) http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/328329.html Foto: David Freire. Dia...

INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

Imagen
INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO.  PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022 A Asociación A Solaina ven de presentar, aos grupos políticos con representación no Concello de Poio, o   " INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO.  PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022)". A reunión valorámola en termos positivos, dado o clima de cordialidade e a vontade de buscar consensos na materia tratada, manifestados polo Alcalde de Poio e os voceiros dos distintos grupos, Chelo Besada e Ángel Moldes. O documento tamén foi entregado hoxe ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Conselleiro de Educación e Cultura, así como á Presidenta do Parlamento de Galicia, para a súa remisión ...

PRESENTACIÓN DE INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O LUNS 28 DE ABRIL

Imagen
INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO   O próximo luns, 28 de abril, esta Asociación A Solaina celebrará unha reunión no Concello de Poio co Alcalde, Luciano Sobral, e cos voceiros e voceiras dos tres grupos políticos con representación política en Poio, o BNG, o PSdG-PSOE e o PPdG. Nesa xuntanza presentarémolle o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro", elaborado por esta Asociación A Solaina. Nel faise un documentado diagnóstico sobre a situación socioeconómica de Combarro e a do seu patrimonio cultural, e se propón un Plan de 10 medidas para garantir a súa conservación. A reunión terá lugar ás 17 horas nas dependencias municipais. Tras a reunión, ás 18 horas, a Xunta Directiva de A Solaina dará unha roda de prensa, na que explicará aos medios de comunicación, os detalles e alcance do Informe. A realización deste Informe fora comprometida ante o Concello de Poio pola dirección de A Solaina, en novembro de 2012, con motivo da conmemoración ...

AS PALLEIRAS DE COMBARRO, "UN PATRIMONIO EN PELIGRO"

O domingo 7 de marzo de 2014 Faro de Vigo publicou no seu caderno dominical Estela (número 619, páxinas 6 e 7) unha reportaxe sobre a situación das palleiras de Combarro. Asinábaa J. A. Otero Ricart co título de "Combarro, un patrimonio en peligro". A ampla reportaxe incluía o artigo de Rafael Vallejo, "A Capela Sixtina da arquitectura popular". Nel ponse de manifesto a falta de salvagarda destas construcións populares en Combarro, así como a carencia, a nivel municipal, "de dirección, de criterios de protección do patrimonio combarrés". Fixémoslle unha entrada propia neste blog de A Solaina a ese artigo. Tamén lla fixemos ao artigo "As derradeiras palleiras de costráns en Poio", que publicara Andrés Dacosta Paz, o secretario de A Solaina, no Faro de Vigo do 5 de xaneiro de 2014, na edición de Pontevedra (páxina 12).