Entradas

PUBLICACIÓN DO LIBRO INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

Imagen
PUBLICACIÓN DUN NOVO LIBRO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA: INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO                     A Asociación  A Solaina ven de publicar en forma de libro o INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO, redactado neste 2014. O libro titúlase I NFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO, PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN DEZ MEDIDAS PARA CONSERVAR O PATRIMONIO DUN BEN DE INTERESE CULTURAL E TURÍSTICO , Pontevedra, Asociación A Solaina / Gráficas Anduriña, 2014, 55. paxs. ISBN: 84-617-0081-3. O libriño está adicado "A Pascula Campos Michelena, arquitecta que desde 1983 fixo un extraordinario traballo profesional a favor da conservación do Conxunto Histórico de Combarro". Trátase dunha publicación feita cunha curta edición. Os interesados en adquirila poden dirixirse á Asociación (asolainacombarro@gmail.com). Portada do libro

A SOLAINA DIRÍXESE AO ALCALDE DE POIO SOLICITANDO UN PLAN DE MEDIDAS PARA COMBARRO, DESDE 2015

A ASOCIACIÓN A SOLAINA SOLICITA Á CORPORACIÓN MUNICIPAL DE POIO UN PLAN DE MEDIDAS PARA RECUPERAR COMBARRO, A APLICAR DESDE 2015 Este é o escrito que A Solaina rexistrou o 18 de decembro, no Concello de Poio, solicitando un Plan de Medidas para conservar e recuperar o Conxunto  Histórico de Combarro. Pídense, entre outras medidas, partidas concretas para a recuperación dos hórreos do pobo e o inicio da retirada dos cables do Conxunto Histórico en 2015. Solicitase así mesmo a creación dunha Comisión Municipal Especial, formada por representantes dos partidos con representación en Poio, para xestionar a colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. *** Combarro, 16 de decembro de 2014. Sr. Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Poio. Sr. Alcalde: Nos últimos anos como sabe fixéronse varios estudos sobre o Conxunto Histórico de Combarro (algún deles encargado polo Concello de Poio, en 2008), e a conmemoración en 2012 do 40 Aniversario da súa ...

Presentación do Libro Combarro, Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños

Imagen
O venres 5 de decembro foi presentado pola Asociación A Solaina o libro  Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños. A presentación tivo lugar no Salón de Actos da Comunidade de Montes de Combarro, ás 20 horas. Na mesma participaron Ana Isabel Vázquez, deputada provincial de Cultura, en nome da Deputación de Pontevedra, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e Rafael Vallejo, pola asociación A Solaina, en calidade de coordinador da publicación. Asistiron algo máis de cincoenta veciños e veciñas de Combarro. Foron agasalladas con cadanseu exemplar do libro. Tamén estiveron presentes os representantes das asociacións de Combarro que colaboraron na publicación, así como as concelleiras de Poio Chelo Besada e Silvia Díaz, e o concelleiro ángel Moldes, que colaboran con senllos artigos nesta monografía. A bora contén artigos de Ramón Villares Paz, os arquitectos Iago Seara, César Portela, Manuel Caamaño Suárez, Manuel Mª Chaín e Manuel Pueyo, a socióloga Sara Torr...

PRESENTACIÓN DO LIBRO COMBARRO, CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2012). ESTUDOS E TESTEMUÑOS

Imagen
Este próximo venres, 5 de decembro, ás 20 horas, terá lugar a  presentación do librov Combarro, Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños , coordinado por Rafael Vallejo Pousada, presidente de A Solaina. A presentación faráse no Salón de Actos da Comunidade de Montes de Combarro. Gustaríanos contar coa vosa presencia na presentación. As persoas que asistan serás agasalladas cun exemplar da publicación. ÍNDICE DO LIBRO COMBARRO, CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2012). ESTUDOS E TESTEMUÑOS RAFAEL VALLEJO POUSADA (COORDINADOR) Combarro, un dos emblemas do turismo das Rías Baixas  Rafael Louzán Abal Presidente da Deputación de Pontevedra. A modo de introdución Rafael Vallejo Pousada CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO Que conmemoramos neste 40 Aniversario? Rafael Vallejo Pousada Presidente da Asociación A Solaina de Combarro Combarro, tamén Patrimonio Inmaterial   Xosé-Enrique Costas González Vicerreitor de Exte...

O TURISMO EN POIO: ARTIGO DE ANDRÉS DACOSTA

Imagen
Andrés Dacosta, secretario de A Solaina, ven de editar un artigo en Faro de Vigo sobre a historia do turismo en Poio, no que pon de manifesto como xa en 1974 existe unha preocupación, a nivel provincial, sobre a calidade do turismo, e en particular sobre a convervación do patrimonio e da natureza, que en Pontevedra, serven de base ao turismo. O turismo en Poio (I) O turismo en Poio (II)

EN DEFENSA DOS XARDÍNS DE MONDARIZ BALNEARIO

Imagen
EN DEFENSA DOS XARDÍNS DO GRAN HOTEL DE MONDARIZ BALNEARIO A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, apoia a reivindicación de SOS Xardíns Mondariz Balneario , e de moitos galegos e galegas de ben, a favor de preservar os emblemáticos xardíns do Gran Hotel de Mondariz, patrimonio natural e cultural do noso país. Mondariz-Balneario ESCRITO QUE SE LLE REMITE Á ALCALDÍA DE MONDARIZ BALNEARIO . SR. ALCALDE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO. Sr. Alcalde: A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, valora con preocupación o convenio subscrito entre o Concello de Mondariz-Balneario e a empresa Sondeman SL para  recualificar os terreos dos  xardíns do Gran Hotel  coa finalidade de construír nese lugar ata catro edificios de vivendas. Eses xardíns de Mondariz Balneario son un activo do patrimonio natural e cul...

O SEMINARIO "OS CONXUNTOS HISTÓRICOS NO BORDE MARÍTIMO GALEGO" CELEBROUSE 1 E 2 DE XULLO

Imagen
O Seminario "Os conxuntos históricos no borde marítimo galego" celebrouse no Consello da Cultura Galega cunha notable asistencia de público                     Rafael Vallejo e Iago Seara, no Seminario Conxuntos Históricos.  Foto: Consello da Cultura Galega. O 1 e 2 de xullo celebrouse o Seminario " Os conxuntos históricos no borde marítimo galego " no Consello da Cultura Galega. A matricula de 100 asistentes foi totalmente cuberta. O Seminario tivo así mesmo unha notable acollida nos medios de comunicación, galegos e españois. As ponencias presentadas serán levadas a un documento, e es estudiadas no seo do Consello da Cultura, a fin de extraer recomendación que poídan servir criterios de aplicación xeral. O Conxunto Histórico de Combarro tivo unha especial presenza no Seminario, durante a segunda xornada, ao que se lle dedicaron as ponencias do arquitectos Iagao Seara, da arquitecta Teresa Nieto, e de Ra...