Entradas

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". SÉTIMA CONFERENCIA.

Imagen
SÉTIMA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: Iago Seara Morales (Arquitecto). Título da Conferencia: Combarro, dende Conxunto Histórico ao Plano de Ordenación do Litoral Galego. Exemplo de evolución do uso e da percepción individual e social dos Conxuntos Históricos de Galicia . Día e hora: Venres, 26 de outubro, ás  20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. __________________________________________________ CURRICULUM DE IAGO SEARA MORALES ( Ourense, 1948). Arquitecto. Especialidade en urbanismo. Titulouse na Escola Superior de Arquitectura de Madrid. MÁSTER en Intervención e Restauración Arquitectónica impartido polo Centro Superior de Arquitectura da Fundación Antonio Camuñas. 1983-1991. Xefe de Servizo de Patrimonio Arquitectónico da Consellería de Cultura daXunta de Galicia. 1991-1993. Director Xeral de Patrimonio Histórico e Documental d...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". SEXTA CONFERENCIA

Imagen
SEXTA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: Manuel Mª Chaín Pérez ( Subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia). Titulo da Conferencia: Os Plans Especiais de Protección nos Conxuntos Históricos de Galicia . Día: Xoves, 18 de outubro. Hora: 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. ________________________________________________________________ NOTA ACLARATORIA: Esta conferencia ía ser impartida por Ignacio Cerrada, Xefe de Servizo de Planeamento e Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Por razóns de forza maior, alleas a súa vontade, non poderá ser así. O Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Mª Chaín, será quen a imparta. A Asociación A Solaina agradece a colaboración de ambos os d...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". QUINTA CONFERENCIA

Imagen
QUINTA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Arquitectura e Patrimonio Histórico Conferenciante: Manuel Pueyo (Arquitecto. Responsable da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro). Título da conferencia: O papel das ARIS (Áreas de Rehabilitación Integral) na rehabilitación sustentable dos Conxuntos Históricos: unha proposta para Combarro . Día e hora: Venres, 5 de outubro, ás  20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. Resumo da conferencia . Esta conferencia tratará sobre tres aspectos: 1) As Áreas de Rehabilitación Integral: funcionamento actual e posibilidades no fomento de medidas innovadoras de intervención basaeadas na sustentabilidade. 2) Os Criterios de intervención sustentable nos proxectos de espazo público n o Conxunto Histórico de Combarro. 3) Medidas de mellora ambiental nas actuacións rehabilitadoras dos particulares en Combarro. O conferenciante: Manuel Pueyo. Man...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". CUARTA CONFERENCIA

Imagen
CUARTA CONFERENCIA DO CICLO " COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Sara María Torres Outón. (Socióloga. Universidade de Vigo). As posibilidades turísticas de Combarro: patrimonio, hostalaría e comercio . Día: Venres, 28 de setembro. Hora: 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro Resumo da conferencia. Con ocasión da celebración da conmemoración do 40 aniversario da declaración de Combarro como conxunto de interese artístico e pintoresco (1972) resulta apropiado reflexionar sobre as súas oportunidades turísticas ligadas ó patrimonio, hostalería e comercio. Non cabe dúbida de que constitúe un exemplo sobranceiro da arquitectura popular mariñeira galega. O seu casco vello presenta unha adaptación e simbiose co medio físico e natural que o caracteriza e dota de gran beleza. A profunda relación entre a súa arquitectura e o medio que a rodea obedece a razóns funcionais e produce un resultado de gran valor estético. A estrutura urbanística do casco de...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". TERCEIRA CONFERENCIA

TERCEIRA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO" Conferenciante: José María Folgar (Historiador. Universidade de Santiago). Título: Combarro no cine . Día: Venres, 21 de setembro. Hora: 20 horas. Lugar: Escola do Campo de Combarro. O conferenciante: José María Folgar de la Calle. Apunte biográfico.   José Mª Folgar é profesor na facultade de Xeografía e Historia da Unviversidade de Santiago de Compostela, na que imparte docencia de cinema dende 1972. Participou no movemento cineclubista compostelán dos anos 70 do pasado século, e nas actividades culturais cinematográficas da USC dende 1975 ata 1992. Foi secretario coordenador dos Cursos de lingua española para estranxeiros, tamén da USC, dende 1982 ata 1995. En 1988 foi coimpulsor da creación da “Asociación española de historiadores de cine” (AEHC). Como investigador, traballou, e traballa, sobre os primeiros anos do espectáculo cinematográfico en Galicia -xunto con José...

PROGRAMA DE CONFERENCIAS COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO

Iníciase, este 13 de setembro, o ciclo de conferencias para commemorar o 40 aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. As conferencias farán un recorrido polo pasado e o presente de Combarro, para contribuir ao seu mellor coñecemento, a divulgar ese coñecemento e colaborar a idear algunha das súas posibilidades de futuro. As dúas primeiras conferencias teñen lugar o 13 e 14 de setembro, na Escola do Campo de Combarro, ás 20 horas. Programa de Conferencias Combarro Conxunto Histórico 40 Aniversario   Arte, Cine e Turismo 1. Rafael Vallejo (Historiador. Universidade de Vigo) e Andrés Dacosta (Historiador). Carlos Maside en Combarro . Xoves, 13 de setembro. Hora: 20 horas.   2. Felipe Senén (Historiador). Combarro na arte galega . Venres, 14 de setembro. Hora: 20 horas.   3. José María Folgar (Historiador. Universidade de Santiago). Combarro no cine . Venres, 21 de setembro. Hora: 20 horas.   ...

FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES. EMOCIÓN E NUTRIDA ASISTENCIA

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO Venres, 27 de Xullo. FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES. ÉXITO DE ASISTENCIA E EMOCIÓN Este venres 27 de xullo celebrouse a Festa de Homenaxe aos Veraneantes, un dos actos importantes da Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, no salón de actos da Comunidade de Montes do pobo. Cunha asistencia de máis de 150 persoas, e en medio dun ambiente cálido e afectuoso, a Festa dos Veraneantes foi todo un éxito. Por fin desvelouse a sorpresa: a homenaxe aos veraneantes personificouse en tres das familias que levan máis tempo acudindo a Combarro todos os veráns: as de María Luisa Sanz, María de los Angeles Aguado e Hortensia Lamas. Todas elas recibiron o aplauso dos veciños de Combarro e dedicaron emotivas palabras aos alí congregados. De mans do Alcalde de Poio, de varias das concelleiras e concelleiros, e dalgúns dos membros da Asociación A Solaina, recibiron senllos ramos de flores, un li...