CARTEL DA FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES DO 27 DE XULLO

FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES: 27 DE XULLO

O 27 de xullo, as 20:30 da tarde terá lugar a Festa de Homenaxe aos veraneantes. Celébrase no local social da Comunidade de Montes de Combarro.

A Festa, organizada pola Asociación A Solaina, forma parte do programa de actos conmemorativos do 40 Aniversario da Declaración de Combarro Como Conxunto Histórico.

O cartel foi ideado e realizado polo deseñador Andrés Dacosta Martínez.




Na Festa colaboran, ademáis do Concello de Poio, o grupo de Pandereiteiras do Ateneo Corredoira e o Coro Virxe da Renda de Combarro, que actuarán na mesma.

A banda sonorá da Festa serán os éxitos musicais do vran, desde a década de 1950. Manuel Pastoriza Freire será o técnico responsable desta parte musical.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.