PRESENTACIÓN DA FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES.

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO

Xoves, 26 de Xullo. PRESENTACIÓN DA FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES.

Este 20 de xullo foi presentada, na Escola do Campo, a Festa de Homenaxe aos Veraneantes.

Rafael Vallejo, presidente da Solaina, explicou que esta festa está pensada non nos turistas ou nos veraneantes en xeral, senón naquelas familias que dende a década de 1950 visitan, ano tras ano, o Conxunto Histórico de Combarro e pasan aquí un ou dous meses do verán. Esa fidelidade, subliñou, converteunas "en parte da paisaxe humana e afectiva de Combarro; de aí a homenaxe".

A festa contará con imaxes e música da época, e rematará nun "guateque" cos éxitos musicais de verán dos últimos 60 anos. Tamén terá dúas actuacións en directo, a do Coro Virxe dá Renda de Combarro, dirixido por Miguel Martínez, e a do grupo de Pandereiteiras do Ateneo de Combarro, que dirixe Juan Manuel Pérez. O decorado ideado para a ocasión será unha escena estival, na Praia da Canteira.

A homenaxe aos veraneantes contará cun elemento de sorpresa, que loxicamente non foi desvelado durante a presentación, pero que, si se revelou, terá unha notable carga emotiva.

O acto será conducido polo vicepresidente de A Solaina, Xosé M. Martínez, e será aberto cunha breve intervención do presidente de A Solaina sobre o "descubrimento" e a conformación de Combarro como destino turístico, xa desde as primeiras décadas do século XX.

CARTEL DA FESTA

Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.