Alfonso Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz. As mulleres e os homes de Combarro seguiron vivindo nos séculos XIX e XX da agricultura e das actividades marítimo-pesqueiras. Cando isto non foi posible, sufriron nas súas carnes a emigración: a América desde o século XIX ata os anos 1950 e a Europa (Suíza, Alemaña e Francia) despois. O premio Nobel da Paz arxentino, Alfonso Pérez Esquivel, non soubo ata fai uns anos que contaba cunha nutrida familia en Combarro, pois o seu pai era orixinario de aquí. Unha placa de pedra colocada en 2000 na rúa do Mar lémbrao, así coma o Parque da Memoria (2009), que el mesmo deseñou para as xentes de Poio, no lugar da Seca, a escasos dous quilómetros do Consunto Histórico de Combarro e do Mosteiro de Poio. "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Fotos: Alfonso Pérez Esquivel en Combarro, 2000. Rafa Jr. Faro de Vigo. Parque da Memoria de Poio. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #comba...
A Asociación A Solaina de Combarro organiza, con motivo do 50 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, unha actividade cultural, baixo o título xenérico de "O Plano Artístico de Combarro de Francisco Guerra (1994)". Ten como finalidade recordar a publicación do referido Plano artístico en 1994 e salientar a relevancia cultural do mesmo. Esta actividade contará con dous actos. O primeiro terá lugar o venres 20 de maio ás 8 da tarde, no local da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro. Consistirá nunha "Conferencia Conmemorativa: O valor cultural do Plano «Reconstrucción do Porto de Combarro a principios do Século XX». Nela participarán o propio Francisco Guerra Penas, autor do Plano; Felipe Senén López, arqueólogo e museólogo, que fora director do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña entre 1975 e 1996, e Carlos Valle Pérez, doutor en Historia da Arte e Académico, quen foi director do Museo Provincial de Pontevedra desde 1987 a 2018. O a...
Unha guía afonda nas orixes de Combarro e no seu “descubrimento” como patrimonio cultural de Galicia. Diario de Universidade de Vigo. #combarro #patrimonio #50aniversario
Comentarios
Publicar un comentario