PRESENTACIÓN DO LIBRO "MOLINOS. INNOVACIÓN Y CIENCIA EN EL PATRIMONIO ETNOGRÁFICO"

O venres 7 de febreiro de 2014, ás 19:00h, ten lugar a presentación do libro "Molinos. Innovación y Ciencia en el Patrimonio Etnográfico", que recolle as actas do 8º Congreso Internacional de Molinología ", celebrado en Tui en 2012.

O acto faise no pazo da Deputación Provincial de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n).

Nesta presentación intervirán o profesor da Universidade de Vigo Rafael Vallejo e o presidente de Asgamui  (Amigos dos Muíños), Xabier Lores, en calidade de coordinadores da publicación, ademais do presidente da Deputación, Rafael Louzán.


No capítulo introdutorio desta obra, Rafael Vallejo presenta unha síntese historiográfica dos estudios sobre os muíños en Galicia, útil para quen queira iniciarse ou afondar no coñecemento destas construcións que forman parte tan substancial do patrimonio cultural de Galicia.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”