Coto de San Juan de Poyo y Puerto de Combarro.

Coto de San Juan de Poyo y Puerto de Combarro.

O territorio onde os monxes de Poio exercían a súa xurisdición era denominado en 1594 “Coto de San Juan de Poyo y Puerto de Combarro”

O nome do couto xirisdicional reflicte, por outra banda, a entidade de Combarro como porto pesqueiro. Pero este non é o único indicio. Outra proba é a cartografía do Reino de Galicia coidadosamente impresa en Anveres (1603), Amsterdam (1611, 1630) ou en Londres (1635) a partir do mapa elaborado polo frade ourensán Hernando Ojea (1603). Nela comprobamos que os portos de Pontevedra, Marín, Aldán, Portonovo, Sanxenxo e Combarro, na ría de Pontevedra, son puntos de referencia recorrentes.
A sardiña, o máis importante deses recursos, xa se comercializaba en salgadura polas xentes de Combarro en 1432, como documentou José Armas.
Unha concordia de 1491 entre os mariñeiros do pobo e a vila cabeceira de Pontevedra lembraba que ambas localidades formaban, dende tempo antigo e inmemorial, unha mancomunidade de pesca; por ela comprometíanse a armar os aparellos (cercos e secadas) e a salgar ou arencar a sardiña no porto da Moureira (Pontevedra), así como a salgar e a vender únicamente en Combarro o peixe destinado ás súas casas para os veciños do couto e próximos. Tense constancia de que a finais do XVI os mariñeiros armaban ou fornecían un cerco no porto de Combarro co estímulo do Mosteiro de Poio.

"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.

Foto: Porto de Combarro na Descrición do Reyno de Galizia. Amberes, 1603.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Cruceiro do Adro.