Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro, A Solaina
(Pontevedra. Galicia. España)
ESTA CASA É DO POBO DE COMBARRO
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
Comenzou hoxe a campaña para defender a propiedade pública da Casa do Ateneo de Combarro. A Asociación A Solaina é un dos colectivos de Combarro que a promove.
Tamén se desenvolveron aquí a industria de salgadura e de conservas. En 1942, José Malvar Corbal e Vicente López García Mosquera foron autorizados a abrir unha fábrica de peixes e mariscos, que funcionou ata mediados da década de 1960 e comercializou a marca Conservas Combarro. O pintor Carlos Maside deixounos en 1952 un exquisito testemuño artístico da mesma, no que vemos as mulleres do pobo traballando na fábrica. "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Fotos: Mulleres na fábrica de Combarro. 1952. Carlos Maside. Óleo. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #riadepontevedra #poio #marisqueo #conservas
A Asociación A Solaina de Combarro organiza, con motivo do 50 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, unha actividade cultural, baixo o título xenérico de "O Plano Artístico de Combarro de Francisco Guerra (1994)". Ten como finalidade recordar a publicación do referido Plano artístico en 1994 e salientar a relevancia cultural do mesmo. Esta actividade contará con dous actos. O primeiro terá lugar o venres 20 de maio ás 8 da tarde, no local da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro. Consistirá nunha "Conferencia Conmemorativa: O valor cultural do Plano «Reconstrucción do Porto de Combarro a principios do Século XX». Nela participarán o propio Francisco Guerra Penas, autor do Plano; Felipe Senén López, arqueólogo e museólogo, que fora director do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña entre 1975 e 1996, e Carlos Valle Pérez, doutor en Historia da Arte e Académico, quen foi director do Museo Provincial de Pontevedra desde 1987 a 2018. O a...
Unha guía afonda nas orixes de Combarro e no seu “descubrimento” como patrimonio cultural de Galicia. Diario de Universidade de Vigo. #combarro #patrimonio #50aniversario
Comentarios
Publicar un comentario